QuERO LOITAR
(atento o seguinte video)

 

SEMANA 1

Este maldito virus está a atacar moi forte. A rede de detectives estará confinada durante quince días nas súas casas por ordes gubernamentais e o Líder dos Robots ofreceuse, nunha iniciativa sen precendentes, para voltar á historia á normalidade.
Pero o Líder da Resistencia faise agora visible e envía un recado os nosos detectives: en serio o Líder robot quere axudar ou é só unha estrataxema máis...

 

 

 

Dumas Davy da Pailleterie ( Villers- Cotterêts, 24 de xullo de 1802- Puys, preto de Dieppe, 5 de decembro de 1870), máis coñecido como A. D., foi un novelista e dramaturgo francés. As obras de A. D. foron traducidas a case cen idiomas e é un dos franceses máis lidos. Varias das súas novelas históricas de aventuras publicáronse en formato de series, como O conde de Montecristo, Os tres mosqueteiros, Vinte anos despois e O vizconde de Bragelonne. As súas novelas foron adaptadas desde principios do século XX en case duascentas películas. Escritor prolífico en diversos xéneros, comezou a súa carreira escribindo obras de teatro. Escribiu artigos en revistas e libros de viaxe. Os seus traballos suman case 100 000 páxinas.

 

Agora que vas ter moito tempo...apetéceche ler unha das obras de aventuras máis recoñecidas do noso escritor? AQUÍ tes o libro completo para descargalo.

 

 

Se o teu non é ler, podes botar un ollo ao seguinte vídeo onde se conta a historia do libro.

 

 

 

 

 J. G. V. (Nantes, 8 de febreiro de 1828- Amiens, 24 de marzo de 1905), foi un escritor, poeta e dramaturgo francés coñecido polas súas novelas de aventuras e pola súa profunda influencia no xénero literario da ciencia ficción.

Nacido nunha familia burguesa, estudou para continuar os pasos do seu pai como avogado, pero moi novo decidiu abandonar ese camiño para dedicarse á literatura. A súa colaboración co editor Pierre-Jules Hetzel deu como froito a creación de Viaxes extraordinarias, unha popular serie de novelas de aventuras escrupulosamente documentadas e visionarias entre as que se incluían o famosas Cinco semanas en globo (1863), Viaxe ao centro da Terra (1864), Da Terra á Luna (1865), Vinte mil leguas de viaxe submarina (1870), A volta ao mundo en oitenta días (1872) ou A illa misteriosa (1874).

É un dos escritores máis importantes de Francia e de toda Europa grazas á evidente influencia dos seus libros na literatura vangardista e o surrealismo, e desde 1979 é o segundo autor máis traducido no mundo, despois de Agatha Christie.​ Considéraselle, xunto con H. G. Wells, o «pai da ciencia ficción».​ Foi condecorado coa Lexión de Honra polas súas achegas á educación e á ciencia.​


 

Agora que vas ter moito tempo...apetéceche ler unha das obras de aventuras máis recoñecidas do noso escritor? AQUÍ tes o libro completo para descargalo.

 

Se o teu non é ler, podes botar un ollo ao seguinte vídeo onde se conta a realidade que J. V. narra na historia dun dos séus libros.

 

 

 

 

 

A. de S-E. (Lyon, 1900 - no mar Tirreno, 1944) Novelista e aviador francés; as súas experiencias como piloto foron a miúdo a súa fonte de inspiración. Terceiro dos cinco fillos dunha familia da aristocracia (o seu pai tiña o título de vizconde), Antoine de Saint- Exupéry viviu unha infancia feliz nas propiedades familiares, aínda que perdeu ao seu proxenitor á idade de catro anos. Estivo moi ligado á súa nai, cuxa sensibilidade e cultura marcárono profundamente, e coa que mantivo unha voluminosa correspondencia durante toda a súa vida.

 

O seu interese pola mecánica e a aviación remóntase á infancia: recibiu o bautismo do aire en 1912, e a paixón de voar xa non o abandonaría nunca. Despois de seguir estudos clásicos en establecementos católicos, preparou en París o concurso de entrada na Escola naval, pero non logrou o seu obxectivo e inscribiuse en Belas Artes. Puido aprender o oficio de piloto durante o seu servizo militar na aviación, pero a familia da súa noiva opúxose a que se incorporase ao exército do aire, polo que se resignou a exercer diversos oficios, á vez que frecuentaba os medios literarios.

 

 

Agora que vas ter moito tempo...apetéceche ler unha das obras de aventuras máis recoñecidas do noso escritor? AQUÍ tes o libro completo para descargalo.

 

 

Se o teu non é ler, podes botar un ollo ao seguinte vídeo onde se conta a historia do libro.

 

 

 

PISTAS:

 

1. O Líder da Resistencia é un escritor

2. O Líder da Resistencia é francés.

3. O Líder da Resistencia naceu no século XIX

4. O Líder da Resistencia anticipouse nas súas obras a moitos acontencementos que virían no futuro.

 

Cal de eles é o líder da Resistencia?
Porque?

Envía a túa resposta por correo electrónico o teu profesor/a de Sociais.

 

manuelvazquez@lagrandeobradeatocha.com

ameliaboquete@lagrandeobradeatocha.com

helenarey@lagrandeobradeatocha.com

noelialedo@lagrandeobradeatocha.com

nuriagarcia@lagrandeobradeatocha.com

camilocastro@lagrandeobradeatocha.com

irenebodelo@lagrandeobradeatocha.com

 

Agora que descubriches a identidade do noso Líder, necesitamos que aprendas a loitar contra o virus dentro dos nosos laboratorios. Este simulador é o primeiro paso para unha futura contención do virus. Moita sorte detective.

 

 

 

ÚLTIMA HORA

 

 

 

 

 

 

 

SEMANA 2