CHARADA...
(atento o seguinte video)

 

SEMANA 2

 

Confinamento forzoso, día 9...

 

Estimado detective. Como xa saberás, o Líder Robot quere contactar co noso Líder. Ante a menaza que supón, aínda que as intencións do Líder robot sexan nobres, revelar a identidade do Líder da Resistencia; expuxémonos presentar un reclamo para non revelar a súa verdadeira identidade. A asemblea elixiu para iso a un bo amigo da Resistencia: H G Wells...

 

 

IMPORTANTE!!!!!!!!!
 

 

 

Como acabas de escoitar, o noso líder, Julio Verne pretende aproveitar a situación para localizar e desencriptar a orixe do sinal para poder triangular as coordenadas e coñecer a situación do cuatel xeral dos robots...

 

Para poder triangular o sinal imos manexar un par de conceptos que axudan a descubir a velocida á que se moven as ondas: o espazo e o tempo.

 

 

1 Imos primeiro co espazo:
Se o sinal sonoro que parte dunha galaxia descoñecida, percorre 60 km nunha hora, 120 km en dúas horas e 240 km en catro horas. Cantos quilómetros percorre nun día?

 

 

2 Imos agora co tempo:

 

Se o sinal enviado polo Líder robot percorre 60 quilómetros nunha hora e da base robot á Terra hai 240.000 quilómetros, canto tempo tarda en chegar o sinal á Terra?

 

 

3 Imos agora coa proba de lume:

 

O sinal tardou 80 días en chegar á Terra, si percorreu 2000 quilómetros ó día, cantos quilómetros percorreu en total?

Se cada día tardaba 20 horas, cantas horas tardou en total?

Agora, se divides o espacio entre o tempo, terás a velocidade do sinal. Expresa o resultado en quilómetros por hora.

 

 

COÑECE AO NOSO RECLAMO: H. G. Wells

 

Herbert George Wells ( Bromley; 21 de setembro de 1866-Londres, 13 de agosto de 1946),1​ máis coñecido como H. G. Wells, foi un escritor, e novelista británico. Wells foi un autor prolífico que escribiu en diversos xéneros, ciencia ficción, ducias de novelas, relatos curtos, obras de crítica social, sátiras, biografías e autobiografías. É lembrado polas súas novelas de ciencia ficción e é frecuentemente citado como o «pai da ciencia ficción» xunto con Julio Verne e Hugo Gernsback.

Todas as obras de H. G. Wells están influídas polas súas profundas conviccións. Na máquina do tempo (1895) abordou o tema da loita de clases; na illa do doutor Moreau (1896) e no home invisible (1897), os límites éticos da ciencia e a obrigación do científico de actuar de forma ética máis aló do poder que lle outorgan os seus descubrimentos; na guerra dos mundos (1898), a crítica dos usos e costumes da época victoriana e as prácticas imperialistas británicas. Isto no que respecta a as súas primeiras novelas, que o converteron nun dos máis grandes escritores de ciencia ficción...

 

AQUI PODES VER UN DOCUMENTAL INTERESANTÍSIMO SOBRE A SÚA OBRA:

 

 

 

Se crees que tes as respostas correctas aos tres enigmas expostos con respecto ao problema da base rebelde, envíallas á túa profe de matemáticas. O primeiro que mande as tres respostas correctas será nomeado como un heroe no seguinte vídeo dos Detectives...

 

 

CORREOS ELECTRÓNICOS:

 

 

ameliaboquete@lagrandeobradeatocha.com

noelialedo@lagrandeobradeatocha.com

camilocastro@lagrandeobradeatocha.com

marpalmeiro@lagrandeobradeatocha.com

carmenlopez@lagrandeobradeatocha.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MENSAXE URXENTE

SEMANA 3