AMIGOS OU ENIMIGOS?
(atento o seguinte video)

 

COMUNICADO ESPECIAL

 

Confinamento forzoso, día 5...

 

Estimado detective, a situación está que arde. Seguramente xa oíches a mesaxe do Líder da resistencia con respecto ás supostas intencións que os robots teñen...
A resistencia está máis en perigo que nunca.
Necesitamos actuar, mover ficha. A túa axuda é de vital importancia. Aínda que o confinamento non permite o dereito de reunión, algo se nos ocorrerá...

 

 

ASAMBLEA VIRTUAL: VOTO POR E-MAIL
 

Asunto: operación señuelo

 

 

A túa axuda é vital detective. O Lider da Resistencia sabe que o Líder Robot quere contactar con él, por iso pensou que o máis prudente neste caso é presentar un reclamo: algúnha personaxe creible que ocupe o seu lugar no encontro.
Elixir á persoa adecuada non é tarefa fácil, e ademais supón unha responsabilidade engadida á que ninguén quere facer fronte en solitario...

Imos organizar unha votación telemática.
Cada detective debe de elixir un candidato fiable para converterse nese reclamo.
Atento ás seguintes instrucións:

 

1 Mira os seguintes vídeos que conteñen información sobre as persoas máis influentes da Historia
2 Escolle unha personaxe, pode ser unha dos vídeos ou pensar ti outro pola túa conta.
3 Escribe unha carta ao teu profesor/a de Sociais na que razoes a túa elección. Non esquezas incluír as cualidades que che parecen máis importantes da personaxe elexida.
4 Camufla a identidade da túa elección. É posible que o líder dos robot teña acceso ao noso correo electrónico. Aquí tes unha táboa e instrucións para encriptar o nome do reclamo.

 

 

HOMES

 

 

 

MULLERES

 

 

 

PARA APRENDER MÁIS: Que é o cifrado césar?



O cifrado César consiste en substituír cada letra do abecedario por unha letra desprazada un número determinado de posicións (clave). Por exemplo, se desprazamos 1 posición, substituiriamos a letra A con a B, a B coa C, e así sucesivamente ata substituír a Z pola A. Neste exemplo a «clave» é 1 porque desprazamos 1 posición.

Abecedario: ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ
Cifrado con clave 1: BCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZA

Contan os antigos escritos romanos que o emperador Julio César utilizaba este tipo de encriptación para cifrar as súas mensaxes militares e que os seus inimigos non puidesen lelos se capturaban ao mensaxeiro.
Aínda que agora este tipo de cifrado parézanos un xogo de nenos, na antiga Roma, cunha gran maioría de poboación analfabeta, este tipo de codificación era bastante segura. Mesmo podía pasar por unha mensaxe escrita en lingua estranxeira.

Para cifrar ou descifrar unha mensaxe con codificación césar, unha ferramenta moi útil son os discos de cifrado. Desprazando o disco interior tantas posicións como indique a clave saberemos a equivalencia entre as letras da mensaxe orixinal e a da mensaxe cifrada.

 

CORREOS ELECTRÓNICOS:

 

manuelvazquez@lagrandeobradeatocha.com

ameliaboquete@lagrandeobradeatocha.com

helenarey@lagrandeobradeatocha.com

noelialedo@lagrandeobradeatocha.com

nuriagarcia@lagrandeobradeatocha.com

camilocastro@lagrandeobradeatocha.com

irenebodelo@lagrandeobradeatocha.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SEMANA 2