Programas de intercambio

ENCONTRO INTERCULTURAL EN ITALIA

GALICIA, SICILIA, LONDRES: Moito que aprender, moito que ensinar, moito que compartir.

    Ademais de incluir outras actividades, o proxecto céntrase na celebración da chamada “Multicultural Week in Catania” da que é centro coordinador Scuola Media RAFFAELLO SANZIO” de Catania (Sicilia) e na que participa o “CPR La Grande Obra de Atocha” de A Coruña e o colexio inglés “Sacred Heart of Mary Girls' school” e conleva unha estadía de alumnos en Sicilia entre os días 24 de outubro ao 3 de novembro de 2008.

A principal lingua de comunicación do proxecto será o inglés podendo empregar tamén o francés se fose útil e necesario e ademais os alumnos tiveron tamén a oportunidade de asistir a algunhas clases de italiano para adquirir un vocabulario básico e fórmulas de relación social que poñerán en practica na súa estadía en Italia sobre todo coas familias de acollida. 

Agora tócanos a nós viaxar a Catania e na primavera do 2009 alumnos e profesores de Catania visitaránnos a nós aquí en A Coruña.

Sen dúbida será unha ocasión excelente non só de mellorar a competencia lingüística en linguas estranxeiras senon tamén de coñecer outros aspectos socioculturais dos países cos que se comparte a experiencia e por suposto de dar a coñecer outros aspectos da nosa terra e da nosa cultura.

ATRÁS