O EDL 
	está integrado por profesoras que representan as diferentes etapas 
	educativas do noso centro e que, mediante a planificación de diversas 
	actividades, traballan por conseguir que os alumnos poidan chegar a ser 
	competentes na lingua galega e usala con normalidade. Por mor disto, cada 
	curso o equipo vertebra a súa planificación para asentar os seguintes 
	obxectivos: 
	
	1.- Continuar o proceso xa en marcha de dinamización da lingua galega.
	
	2.- Normalizar o emprego da lingua tanto no uso docente como nas actividades 
	cotiás do centro.
	
	3.- Implicar os alumnos no uso natural da lingua galega en diferentes 
	funcións e usos.
	
	As actividades pretenden motivar os rapaces e mergullalos en procesos 
	creativos, onde poidan sociabilizar con compañeiros de cursos e etapas 
	diferentes (obradoiro de contacontos, participación no premio literario Frei 
	Martín Sarmiento...) e tamén teñan oportunidade de estar en contacto coa 
	nosa tradición cultural (realización do obradoiro de cultura popular Vivamos 
	como galegos, celebración do magosto, o entroido...) así como de asociar a 
	nosa lingua ás novas tecnoloxías (celebración do concurso de fotografía 
	Ollada Atlántica, creación de cartaces motivadores...) 
	
	Alén disto, o EDL é o encargado de proporcionar información e recursos para 
	que estas e outras actividades que xurdan ao longo do curso se poidan 
	materializar.