CAZA AO ASASINO
(atento o seguinte video)

 

TAREFA 1

O asasinato do Archiduque Francisco Fernando é a chispa que acende a máquina da guerra.

Karl vive nunha pequena aldea alleo a situación que vivirá o Mundo durante os próximos anos...

Detective, necesitamos que contactes con el, agora reclutado no exército alemán, xa que a súa aportación á Gran Guerra será decisiva. Non deixes a Karl so na batalla ou as forzas rebeldes tomarán o control do Planeta...

 

 

 

 

 

 

1. Resposta a este breve test sobre a Gran Guerra:


 

 

2. Identifica a qué soldados pertencen os seguintes uniformes:

 

 

 

3. Sobor das novas técnicas e armas de guerra...COMPARA Y CONTRASTA

A Primeira Guerra Mundial é o primeiro gran conflito na historia da humanidade en canto á crueldade dos combates, o desprezo polas Convenciones Internacionais, a movilización masiva de efectivos e o alto custo en vidas humanas; a participación da poboación civil, e sen dúbida por un dos elementos máis destacados: a aparición de novas e potentes armas.

 

 

 

 

4. Tes que “poñerte na pel” de Karl Schmidt, un xove soldado alemán da Primeira Guerra Mundial e escribir unha carta á súa muller relatando o que estás a vivir.
Estes son os aspectos que debería incluír unha boa carta:
1. DATOS PERSOAIS:
1.1. Nome e apelidos do soldado. Neste caso, Karl Schmidt.
1.2. A nacionalidade e a alianza. Debe reflectirse a que país (Alemaña) e a que alianza pertence o combatente.
2. COÑECEMENTO HISTÓRICO
2.1. Fronte, batalla, lugar, data. Karl está nunha das frontes da Guerra, loitando nunha batalla (Marne, Tannenberg, Ypres, Verdún, Somme, Passchendaele...). A carta debe indicar na marxe dereita da parte de arriba lugar, nome da batalla e a data (día, mes e ano), e na carta debes mencionar as experiencias de Karl nesa batalla.
2.2. A vida nas trincheiras. Debedes aludir ás condicións infrahumanas que soportaron os soldados: mala alimentación, frío, humidade, barro, sucidade, enfermidades, convivencia con ratas e piollos, etc.
2.3. As novas armas. Debedes citar algunhas das novas armas empregadas, como avións, carros de combate, metralladoras, granadas, obuses, gas (e, por tanto, máscaras antigás)
3. SENTIMENTO
3.1. O destinatario. Hai que deixar claro a quen escribimos: neste caso, á muller de Karl. A carta debe ser crible e os sentimentos de tristeza ou alegría deben estar presentes.
3.2. Estado de ánimo. Segundo a data e batalla elixida, deixaríase ver o estado de ánimo da tropa: ilusión, patriotismo, odio ao inimigo, desesperación, desilusión, desexos de paz, etc.
4. PRESENTACIÓN E CUESTIÓNS FORMAIS
4.1. Cartolina ou folio, con sobre. Para dar máis realismo, pódese realizar unha cartolina cunha cor adecuada ou nun folio ao que se dotará dunha cor lixeiramente marrón ou sepia, normalmente conseguido cun pouco de café. Tamén se pode queimar a folla por algunhas partes, recortala... Pódese entregar nun sobre (mesmo con algunhas cordas), onde se escribirán nome e apelidos do destinatario.
4.2. Letra, ortografía. A letra debe ser lexible, e evitar faltas de ortografía.
4.3. Espazo. Polo menos 15 liñas; ampliable a unha carilla.
4.4. Identificación do alumno. Escribe o teu nome e apelidos detrás da carilla.
Nota: A carta non ten por que seguir a orde explicada, pero, sobre todo, non debe haber incoherencias: datala co ano que non se corresponde á batalla aludida, falar dunha nova arma antes de que sexa empregada por vez primeira…

 

 

 

(Hai que rematar os catro primeiros exercicos da ficha sen fallos para conseguir contactar con Karl)

MOITA SORTE!!!!!

 

A PATRULLA AÉREA NECESITA A TÚA PERICIA, REMATA CON TODOS OS INIMIGOS:

 

 

 

 

TAREFA 2