A PAZ DE PARIS
(atento o seguinte video)

 

TAREFA 2

 
Entre xaneiro e xuño de 1919 reuníronse os representantes dos países que participaron na guerra. As potencias vencedoras impuxeron duras condicións ás nacións derrotadas. Por exemplo Alemaña tivo que ceder Alsacia e Lorena a Francia, e o Imperio Austro-Húngaro desintegrouse, dando orixe aos estados de Hungría, Checoslovaquia e Iugoslavia. Ademais, Alemaña quedou obrigada a pagar unha millonaria indemnización aos vencedores, a limitar o número dos seus soldados e a non fabricar nin importar armamento. Outro acordo importante foi a fundación da Sociedade de Nacións, organismo internacional que debía garantir unha paz duradeira.

A túa misión consiste en informar a Karl de que o exército de robots loitará o lado da Triple Alianza para cambiar o curso da guerra...

 

 

 

 

1. Escribe o nome das catro fases nas que se divide a 1º guerra mundial e explica unha.

 

2. Na segunda fase da guerra foron determinates as trincheiras. Fai un debuxo dunha e explica os tipos e para qué se utilizaban.

 

 

3. Crise de 1917.

En maio de 1915, un submarino alemán torpedeou o RMS Lusitania, un barco de cruceiro civil británico. O afundimento supuxo o falecemento de preto de 1.200 persoas entre as cales 128 eran cidadáns estadounidenses. Tras este atentado alemán, Inglaterra esixiu a EEUU que entrase na guerra a favor dos aliados...

 

 

 

 

TOMA DE DECISIÓNS: Noraboa, eres o Presidente de EEUU, Woodrow Wilson, considera  a petición de Inglaterra de entrar a formar parte da Triple Entente...

 

 

 

 

 


 

O TRATADO DE VERSALLES

 


 

4. Resposta as seguintes preguntas sobre o tratado de Versalles:

1. Porque ou para que se fai o tratado de Versalles?

2. Que consecuencias trae para os países perdedores este tratado?

3. Que beneficios trae para os países gañadores?

4. Cumpriuse a totalidade este tratado?

5. O Tratado de Versalles cambiou por completo o mapa de Europa. Identifica os cambios e coloca os novos países resultantes do tratado:

 

 

 

(Hai que rematar os exercicos 1 e 4 da ficha sen fallos para conseguir contactar con Karl)

MOITA SORTE!!!!!

 

 

 

 

 

 

IR A WW 2