4 WW II

 

O MUNDO NOVAMENTE EN GUERRA...
 


A Segunda Guerra Mundial foi o conflito armado máis sanguento na Historia, suscitado entre 1939 e 1945, no que participaron diversos países de todo o mundo.
Desenvolveuse durante seis anos e un día, comezou o 1 de setembro de 1939 e finalizou o 2 de setembro de 1945, enfrontando principalmente as potencias do Eixo (Alemaña, Italia e Xapón) contra os Aliados (Francia e Reino Unido), aos que acabarían uníndose en 1941 Estados Unidos (tras o ataque xaponés a Pearl Harbor) e a Unión Soviética.
A guerra tivo unha causa similar ao da Primeira Guerra Mundial: o afán de Alemaña, Italia e Xapón de expandir os seus dominios territoriais.
O desencadenamento oficial que fixo estalar o conflito foi a invasión de Alemaña a Polonia o 1 de setembro de 1939 o que provocou a declaración inmediata de guerra de Francia e Reino Unido.
Neste punto, o avance da contenda dividiuse en tres grandes frontes:
– A fronte continental: Alemaña contra os Aliados polo control de Europa.
– A fronte nos Balcáns e o Norte de África: Italia (coa axuda alemá) contra os Aliados pola conquista destes territorios.
– A fronte no Pacífico: Xapón contra os Aliados polo control do Pacífico e Asia Oriental.
Aínda que os primeiros compases da guerra estiveron marcados polos triunfos do Eixo, os tres frontes de batalla finalmente acabaron con vitoria aliada.

 

Existe un campo gravitatorio de forza que evita que podamos coñecer con antelación os plans do Lider para alterar os sucesos da WW II, polo que a vosa misión, detectives, non está ainda definida. Estade atentos porque en calquera momento recibiredes instruccións do enlace da resistencia nesta época...

Moita sorte...

 

TAREFA 1                      TAREFA 2