RENACEMENTO E BARROCO
(atento o seguintes videos)

 

 

 

 

TAREFA 6


Leonardo Da Vinci, Góngora, Miguel Ángel, Velazquez, Cervantes, Rafael, Gutenberg, Maquiavelo, Copérnico, Moliere, Shakespeare, Dante Alighieri,  Quevedo, Tiziano, Rubens, Caravaggio, Vivaldi...

Astros do firmamento artístico do Renacemento e o Barroco. Unha volta as orixes da arte clásico e unha ruptura con toda regra en busca do artificio.
O exército robot foi derrotado e o clon do Líder desenmascarado pero a loita continúa...

 

 

RENACEMENTO:

 

O Renacemento foi unha época na que a arte, a ciencia e a cultura tiveron un gran desenvolvemento. Esta época foi un "renacer" das ideas e técnicas da época clásica de Roma e Grecia. O Renacemento naceu en Italia.

 

El GRECO

 

 Doménikos Theotokópoulos,( Candía illa de Creta, 1541 – Toledo, 1614), coñecido como o Greco («o grego»), foi un pintor do final do Renacemento que desenvolveu un estilo moi persoal nas súas obras.
Ata os 26 anos viviu en Creta, onde estudo pintura, converténdose en pintor de iconas. Aos vinte e dous anos, era descrito nun documento como "mestre Domenigo", o que significa que xa desempeñaba oficialmente a profesión de pintor.
Despois residiu dez anos en Italia, onde se transformou nun pintor renacentista, primeiro en Venecia, asumindo plenamente o estilo de Tiziano e Tintoretto, e despois en Roma, estudando a Miguel Ángel.
Ao noso país chega atraído pola construción do Mosteiro de San Lorenzo del Escorial, nun momento en que rei Felipe II require de moitos artistas para encher este magno espazo. Hai quen di que ao rei non lle gustaba a forma de pintar do Greco e tras realizar algunhas obras no Mosteiro, termina trasladándose a Toledo (1577), onde pasará o resto da súa vida recibindo multitude de encargos tantos relixiosos como civís, xa que era un afamado retratista, "O cabaleiro da man no peito" é un exemplo da súa mestría.

 

 

TAREFA 7

 

 

 

Replica a "Obra de El Greco" pero utilizando o teu estilo, respecta os detalles importantes que deron carácter ao cadro:

- Vestimenta

- Medallón

- Espada

- Mirada

 

LEONARDO DA VINCI

 

O home xenio que mellor define o cambio de paradigma da Humanidade naceu un 15 de abril de 1452 na vila Toscana de Vinci. Fillo natural dunha campesiña, o maior xenio que viu xamais a humanidade, amaba o coñecemento por encima de todas as cousas. Sintetiza como ningún ao home do Renacemento. Pintor, escultor, cociñeiro, estratego de guerra, músico, enxeñeiro e inventor, Leonardo Dá Vinci, como bo home do seu tempo, o Renacemento, buscaba a sabedoría en todo. Para celebrar o seu aniversario facemos un reconto dalgunhas dos seus grandes legados e creacións universais tanto como o é a súa obra A Gioconda ou Monalisa.

 

 

 

 

Infiltrate no taller de Leonardo e convérteche nun dos seus aprendices. Consegue mecenazgo para o artista e botalle unha man cunha obra súa...

a) Escolle unha de entre as seguintes:

- Bicicleta

- Automóvil

- Calculadora

- Ponte plegable

- Ametralladora

- Planeador

- Paracaídas

 

 

b) Investiga sobre ela e trata de completar unha ficha que conteña os datos máis relevantes:

Nome:

Para que serve:

Como funciona:

Principio no que está baseada:

c) Fai un boceto da máquina

d) Construe unha maqueta a escala

 

BARROCO:

 

Coñécese como Barroco a unha etapa cultural do mundo occidental que abarcou o século XVII e gran parte do XVIII. No Barroco desenvolvéronse todas as ramas da cultura. Os seus principais características foron:
Os artistas barrocos querían representar a realidade tal e como era, sen ocultar os seus defectos.
Pretendían provocar grandes sentimentos no espectador; para iso realizaban obras cheas de movementos e contrastes.
En literatura creáronse grandes obras, de autores como o inglés Shakespeare e o francés Moliére. En España destacan Cervantes, Lope de Vega e Calderón de la Barca.
Na música brillaron compositores como Vivaldi, Haendel e Bach. Nesta etapa escribíronse as primeiras óperas.

 

Charles Perrault


Un 12 de xaneiro de 1628 naceu en París, Charles Perrault, un neno de familia burguesa que se converteu nun dos máis grandes escritores de literatura infantil.

 


Entre estes contos os robots coaron algunhas obras que non pertencen a Charles Perrault, localízaas. Escolle unha e fai un resumo do argumento.

 

La bella durmiente del bosque

Caperucita Roja

El patito feo

Riquete el del copete

El gato con botas

El soldadito de plomo

Barba Azul

Cenicienta

El traje nuevo del emperador

Pulgarcito

 

 

 

O NACEMENTO DA ÓPERA


Resposta as seguintes preguntas:
Que é unha ópera?
Cal é considerada a primeira ópera da historia?
 

 

 

Completa a definición das Partes dunha ÓPera:

 

1 Obertura: La obertura es...

Obertura de Guillermo Tell (Rosinni)

 

 

 

2 Recitativo: O recitativo serve para...

 

 

 

3 Aria: A aria ou canción para solista na ópera é...

 

 

 

4 Coros: Os coros nunha ópera son...