Os Borbóns
(atento o seguintes videos)

 

 

 

 

 

 

TAREFA 7


Noraboa detectives! Fúchedes quen de impedir os plans do Líder e evitar que o clon robot de Felipe V acadase o trono; deste xeito, no século XVIII  a casa francesa dos Borbóns asentarase no trono español; con eles realizaranse importantes reformas socioeconómicas que consolidaron a monarquía: farase unha nova división provincial e imtroduciranse as ideas da iluistración, encamiñadas a acadar o progreso. Porén, neste Século das Luces non poderemos relaxarnos, pois seguro que o Líder argallará a súa vinganza!

 

 

 

 

1 A nova dinastía trouxo consigo unha nova estética, que se pode ver non só na vestimenta, senón tamén na forma de facer os retratos; un dos mellores exemplos é este retrato da familia real de Filipe V, pintado por Louis Michel van Loo en 1743, no que aparecen tres Reis de España. Sodes quen de identificalos?

 

 

 

 

2 Agora que xa coñecemos algúns dos reis, completade o cadro dinástico dos Borbóns do século XVIII e indicade de que ano a que ano reinou cada un.

 

 

 

3 Durante o século XVIII desenvolveuse a Ilustración, un movemento ideolóxico que defendía a confianza na razón ou intelixencia humana como medio para entender o mundo e alcanzar o progreso. Por iso, ao século XVIII coñéceselle tamén como o «Século das Luces». Mais o obxectivo dos ilustrados era non só desenvolver as Ciencias, senón tamén difundir os coñecementos acadados a todas as persoas. Así, elaborarase a primeira Enciclopedia, coordinada por Diderot e d'Alembert.

Axudade a Didedot e d'Alembert a relacionar estes ilustrados co seu campo de traballo e os seus logros máis importantes:

 

C. Linneo

Política

Establece os límites do coñecemento racional humano

E. Jenner

Matemáticas

Descubrimento da vacina da varíola

J. Watt

Enxeñería

Idea de soberanía popular

B. Franklin

Filosofía

Formulación do liberalismo económico

A. Volta

Química

Deseño da pila eléctrica

C. Herschel

Bioloxía

Descubrimento de cometas e nebulosas

I. Kant

Física

Clasificación dos seres vivos

A. Smith

Economía

Deseño do pararraios

J. J. Rousseau

Astronomía

Cálculos de probabilidades

P. S. Laplace

Medicina

Deseño da máquina de vapor

 

 

 

 

 

 

4 Como acabas de ver, a varíola foi un dos virus máis mortais para a humanidade, mais foi no século XVIII, co descubrimento da vacina polo Dr. Jenner como fomos quen de empezar a loitar contra el.
Responde a este cuestionario sobre a varíola para axudar ao Dr. Jenner a desenvolver a vacina contra a varíola.


 

 

5 Grazas ao descubrimento do Dr. Jenner a vacina contra a varíola difundiuse por Europa, mais era moi complicado que chegase a outros continentes. Precisamente esa será o proxecto do Dr. Balmis: levar a vacina a América e Asia. Investiga sobre Carlos IV, o monarca que apoiará e financiará a Expedición da Vacina e completa a seguinte ficha sobre el:

 

CARLOS IV, o mecenas da Expedición Balmis

 

 

 

 

 

 

6 ¡Atención, Detectives! Xa sabemos o que pretende o exército robot: impedir a extensión da vacina e que a Humanidade pereza nunha pandemia de varíola! Temos detectado axentes robot no Consello de Facenda que tentan boicotear a Expedición do Dr. Balmis. Axudade ao Dr. Salvany a convencer ao Ministro Godoy, redactando un minucioso informe no que expliquedes o procedemento que ideou Balmis para levar a vacina ao Novo Mundo.

 

 

7 Le o folleto sobre a expedición Balmis e condensa a historia nun cómic de 8 viñetas:

http://www.isabelzendal.com/wp-content/uploads/2016/11/Folleto-Zendal-baja.pdf

 

 

 

 

 

FIN DETECTIVES