A GUERRA DE SUCESIÓN
(atento o seguinte video)

 

TAREFA 5


Carlos II faleceu o 1 de novembro de 1700. A súa morte, deixou un trono sen herdeiros polo que dous foron os candidatos elixidos para a sucesión do trono, ambos os casados con irmás de Carlos II.

Por unha banda estaba
Luís XIV rei de Francia da casa Borbón cuxa intención era facerse co trono para que este fóra ocupado por Felipe, o seu neto, duque de Anjou.
Doutra banda
Leopoldo I, emperador austriaco quen tamén ansiaba a coroa para o seu fillo Carlos...

É un momento delicado para o noso Imperio xa que aínda que sabemos que Líder planea intervir nesta parte da historia, non coñecemos en que momento concreto nin como.
Detective nas túas mans está que a historia continúe sen alteracións, pescuda que sucede e frustra o plan do Líder...
 

 

OS BANDOS:

 

1. Carlos  (Casa de Austria)   2. FELIPE DE ANJOU (Casa de Borbón)

 

          

 

 

 

 

Agora que xa coñecemos os plans do Líder necesitamos actuar coa maior rapidez e dilixencia posible. Imos establecer un plan para que o trono do Imperio non caia en maos dos robots.

Debemos establecer prioridades detectives:
1 Pescudade todo o que sexa posible sobre a figura do candidato Borbón ao que Líder quere clonar:
a) Onde naceu
b) Títulos nobiliarios que posúe
c) Posibilidades de acceder ao trono
d) Apoios internacionais

 


2 Para vencer ao teu inimigo debes coñecer todas os seus tretas. A guerra desenvólvese en dúas frontes principais: en Europa e en España.
a) Quen formaba a Gran Coalción?

b) Quen apoiaba a Carlos?

c) Quen apoiaba a Felipe?
d) Que sucedeu na batalla de Almansa?

 

 

 

3 O Tratado de Utrecht, tamén coñecido como Paz de Utrecht ou Tratados de Utrecht e Rastadt, puxo fin á guerra de Sucesión polo trono de España.

Tivo unha fonda repercusión no mundo, pois fixo cambalear o Imperio Español, que perdeu todas as súas posesións en Europa en beneficio de Inglaterra, Francia e Austria, principalmente, e se vió obrigada a ceder ante as apetencias comerciais británicas. Considéranse o fin da guerra, aínda que simultánea e posteriormente á súa firma continuaron as hostilidades (por exemplo, en España). Neste tratado, Europa cambiou o seu mapa político.

 

 

 

 

4 Os "Decretos de Nueva Planta"

a) Que son?
b) Como queda España despois da súa instauración?

 

O reto que te van propoñer non  é doaado, para rematar co plan do líder tes que estar moi atento as diferencias entre Felipe de Anjou e o clon Robot, proba con este entrenamento antes de enfrentarte o problema.

 

 

 

Desbarata o Plan do Líder: atopa as 5 diferencias entre Felipe de Anjou e o clon Robot:

TAREFA 6

 

Imos ver que aprendiches: