O REINO VISIGODO
(bótalle un ollo o seguinte video)

 

TAREFA 2


O enfraquecemento do Imperio romano de Occidente fixo que moitas tribos xermanas atravesasen as fronteiras e fósense asentando dentro do Imperio creando unha serie de reinos.

Así chegaron  os visigodos a España no ano 418; desta maneira, creábase dentro do Imperio romano de Occidente o primeiro reino bárbaro...

 

 

 

 

1 Resposta as seguintes preguntas sobre os Visigodos:

a) Quen eran os visigodos?

b) De onde viñan?

c) Cal era a súa relación cos romanos?

d) Como era a súa monarquía?

e) Cita algún órgano de goberno e explica para que servía

f) Cal era a súa relixión?

g) Como era a sociedade visigoda?

 

Une coas definicións:

 

 

 

 

2 Despois de leer o apartado de arriba resposta correctamente:

 

 

 

 

 

A xogar: explota os globos para que caigan  na caixa axeitada:

 

 

 

3 Os guerreiros Visigodos, fai un debuxo do típico guerreiro visigodo atendendo as indicacións do seguinte texto:

A visión que a maioría ten sobre os guerreiros visigodos (e na de todos os pobos xermanos en xeral) é a duns guerreiros vestidos con peles de animais ou semidesnudos armados con enormes machadas e sen ningunha organización.
En realidade o exército visigodo estaba bastante ben organizado e armado debido aos seus constantes contactos cos romanos dos que aprenderon a empregar a falanxe en combate. As armas básicas da infantería xermana eran a lanza (a arma característica dos xermanos) e o escudo (de diversas formas), só uns poucos levaban espadas e eran comúns entre a nobreza especialmente a espada longa de dous fíos e punta aguzada.

Outra das armas características dos visigodos corresponde ao arco, do que os visigodos eran moi destros. Probablemente tomárono dos pobos esteparios cos que se atopaban en contacto, seguramente dos hunos e os seus famosos arqueiros a cabalo.
As armas defensivas consistían en helmos de forma cónica, corazas aínda que non hai moitas probas da súa utilización a gran escala, e en especial o escudo. Este adoitaba estar feito en coiro, vimbia e madeira, con reforzos de metal. A forma do escudo non era redonda senón romboidal.

 



4 Datas clave. Averigua que acontecementos tiveron lugar nestas datas, cando remates copias no teu caderno:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TAREFA 3