AL-ANDALUS
(bótalle un ollo o seguinte video)

 

TAREFA 3

Século VII, na Península Arábiga xurdirá unha nova relixión: o Islam. Cara ao ano 620, na Meca, Mahoma comezou a predicar esta nova relixión que se estendería rápidamente por oriente e o norte de África.

Ano do 711, en pouco tempo as hordas musulmás dominaron practicamente toda a Península Ibérica. O rei Visigodo Don Rodrigo enfrontouse no rio Guadalete os exércitos de árabes e bereberes ao mando de Táriq Ibn Ziyad, e foi derrotado. A península vese abocada a vivir durante oito séculos baixo a bandeira da media lúa e a estrela.

Necesitamos a vosa axuda, detectives. Sabemos, grazas a unha información recabada polos nosos espías no futuro, que o Líder ordenou o asasinato de Isabel a católica. Pescudade a identidade do asasino e neutralizádeo.
 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1 Ordena cronoloxicamente as etapas da dominación musulmá na Península.


O Reino nazarí de Granada e o fin da presenza musulmá.
O Emirato independente.
Os Reinos Taifas.

A conquista.
As invasións de Almorávides e Almohades.
O Califato de Córdoba.
 

AS CIDADES
 

As cidades de al-Ándalus estaban rodeadas por unha muralla que as protexía. Na parte máis alta da cidade se levantaba a alcazaba, que era unha gran fortaleza militar. Alí refuxiábanse en época de guerra os habitantes da cidade e os campesiños dos arredores. O centro da cidade era a medina, onde vivían os artesáns e comerciantes e cuxas rúas eran estreitas e tortuosas. Nelas atopábanse os edificios máis importantes, como as mezquitas, que eran lugares de oración e estudo, e os baños. O zoco era a praza do mercado e punto de reunión. As casas tiñan un ou dous pisos e estaban formadas por habitacións abertas a un patio interior. Nos arredores estendíanse os arrabales, que eran barrios nos que vivían persoas dunha mesma relixión ou que realizaban un mesmo oficio. Nas cidades traballaban moitos mercadores e artesáns. Os mercadores compraban teas, especias e outros produtos en países lejanos e logo vendíanos no zoco. Os artesáns elaboraban obxectos de coiro, metal, vidro ou cerámica.

 

 

Completa o seguinte crucigrama:
 

 

 

A SOCIEDADE

 

A sociedade en al-Ándalus estaba formada por xentes de distintas relixións e costumes. O grupo máis poderoso estaba constituído por os conquistadores e os seus descendentes, árabes e bereberes: os árabes tiñan as mellores terras e cargos de goberno. Os bereberes eran máis numerosos, pero tiñan menos beneficios.
O resto da poboación organizábase segundo as seus costumes relixiosas:
-Os muladíes: eran antigos cristiáns que adoptaron a relixión, lingua e costumes do Islam. Non pagaban impostos.
-Os mozárabes: eran os cristiáns que seguiron practicando a súa relixión. Pagaban impostos.
-Os xudeus: eran unha minoría, residían en barrios separados do resto de a poboación. Estableceron importantes comunidades en Toledo, Granada, Córdoba, Sevilla e Zaragoza.

 

 


 

2 Une con frechas para conformar as definicións, cando esté ben cópialas no teu caderno:

 

 

 

INFLUENZA DE al-ÁNDALUS

 

 

 

3 Escribe exemplos das innovacións que introduciron os árabes na Península Ibérica, se necesitas axuda completa o seguinte puzzle para atopar algunha pista:

 

 


– Palabras árabes:
– Obras de enxeñería:
– Hixiene:
– Ciencia:
– Arquitectura:
– Instrumentos de navegación:
– Artesanía:
 

 

4 Escribe un relato para incluir no Libro das "Mil e unha noites" de 5º de Primaria. (Lengua Española)
 


5 ANTES PENSABA...AGORA PENSO



 

 

 

 

 

TAREFA 4