tercer trimestre: NATURAIS

 
 
A morte de Qui Gon Jinn supón un duro revés para Obi Wan e as aspiracións dos Jedi terrestres.


Pero agora mesmo o perigo
céntrase na posibilidade de que a luz resplandecente dos Jedi nacidos na terra sexa atraida ó lado escuro da forza polos cabaleiros Sith as ordes da República...

 

MISIÓN 1: LUZ E SON


 

opening...

 

 
1 A Batalla da Luz, JEDI VS SITH : LUZ

"O medo é o camiño cara ao lado escuro. O medo leva á ira, a ira leva ao odio, o odio leva ao sufrimento. Percibo moito medo en ti"  YODA

 

 

 

 

A nave comandada por Vader chega á terra con 14 dos 16 Lord Sith que poboan a galaxia...
Darth Sidious confía que esta forza de choque sexa capaz de aniquilar aos Jedi Terrestres. Os elexidos son:
Darth Plagueis
Darth Maul
Darth Tyranus
Darth Bane
Darth Atrius
Darth Crawl
Darth Wrend
Asajj Ventress
Savage Opress
Lady Shaa
Lord Momin Lord de Gairm
Darth Caldoth
Ry Nimbis

A Escuridade é moi poderosa neles...
A nosa única oportunidade para enfrontarnos a eles é o carreiro da Luz...

 

 

 

Imos por eso a tentar coñecer as posibilidades que nos ofrece ese carreiro.

Elabora un esquema sobre a luz baseado no primer video de este aprtado. Después resposta as seguintes preguntas (completa o puzle para descubrilas:

 


 

DESCOMPOSICIÓN DA LUZ BRANCA

 

Agora imos estudar de que está composta a luz branca. Para iso imos descompoñela usando un disco compacto e unha lanterna. Coloca a luz da lanterna sobre a superfice do CD  e observa o que sucede.

Explica o que observaches e fai un CSI.

 

 

c) Saberías explicar por que sucede isto?

d) Sabes de que está composta a luz branca?

 

 

 

COMPOSICIÓN DA LUZ BRANCA: O DISCO DE NEWTON

 

 

 

Newton foi o científico que describiu a lei de gravitación universal e estableceu as bases da Mecánica Clásica mediante as leis que levan o seu nome. Entre os seus outros descubrimentos científicos destacan os traballos sobre a natureza da luz e a óptica (que se presentan principalmente na súa obra Óptica (libro) e o desenvolvemento do cálculo matemático.

Newton foi o primeiro en demostrar que as leis naturais que gobernan o movemento na Terra e as do movemento dos corpos celestes son as mesmas. É, a miúdo, cualificado como o científico máis grande de todos os tempos, e a súa obra como a culminación da Revolución científica.

O matemático e físico matemático Joseph Louis Lagrange (1736–1813), dixo que “Newton foi o máis grande xenio que existiu e tamén o máis afortunado dado que só se pode atopar unha vez un sistema que rexa o mundo.”

DEZ datos curiosos sobre a vida de Newton:

1.- O seu nacemento foi prematuro polo cal non se cría que sobrevivise, abrigo porque era extemadamente pequeno ao nacer.

2.- Newton sempre foi moi celoso das súas investigacións por temor de que outros científicos apropiásense do crédito dos seus descubrimentos.

3.- É sabido que á parte da ciencia, Newton mostrou un gran interese na alquimia, misticismo e teoloxía.

4.- Á idade de 26 anos Newton converteuse en profesor de matemáticas.

5.- O pai de Newton chamábase Isaac e morreu tres meses antes de que este nacese.

6.- Isaac Newton exerceu como membro do Parlamento Inglés de 1689 a 1690. Non parece que Newton achegase moito no recinto, xa que durante todo ese ano só falou unha vez: Pediulle a unha persoa próxima que abrise unha xanela.

7.- A nai de Newton desexaba insistentemente que o mozo de 17 anos se convertiera en granxeiro xa que era a actividade principal da familia.

8.- Newton era tan apaixonado das Sacras Escrituras que o escribiu mais acerca de relixión que de ciencias e matemáticas.

9.- Isaac Newton gustaba de debuxar, tanto que as paredes e o teito da súa habitación estaban coloreados.

10.- Os descubrimentos de Newton acerca da luz e o movemento dos planetas foron usados para realizar os primeiros voos á Lúa posibles.

 

 

Newton descompuxo a luz solar por medio dun prisma e obtivo as sete cores do arco iris (aínda que para os efectos sexan seis) e pensou que o fenómeno podía ser revertido. Agora tenta ti recrear o experimento de Newton:

 

 

 

REFLEXIÓN E REFRACCIÓN DA LUZ

 

 

 

1- Debuxa a dirección dun raio de luz reflectido no espello:

 


 

2- Debuxa a dirección dun raio de luz cando entra na auga:
 

 

Completa o Puzzle para descubrir O comportamento dos obxectos ante a luz:

 

 

 

 

 

 

 

 

2 OS CERCANOS ECOS DA REPÚBLICA : SON

 

"Medo, ira, agresividade, o lado escuro eles son. Se algún día rexen a túa vida, para sempre o teu destino dominarán" YODA

 

Os Jedis desenvolven un especial sentido do oído. Poden escoitar o ruxido dun wookie a quilómetros de distancia. As forzas imperiais do exército Sith han de ser cautelosas se non queren ser descubertas polos cabaleiros terrestres...

 

 

 

1 Que é o son?

2 Como se propaga o son a través da materia?

3 Que son as ondas sonoras?

4 A que velocidade viaxa?

5 Que é o eco?

 

 

 

Para ter unha idea de cando o son se volve perigoso, dámosche aquí medidas de enerxía sonora:

Respiración normal = 10 decibelios

Conversación normal = 60 decibelios

Tráfico normal e fluído = 80 decibelios

Son perigoso = 120 decibelios

 

Ao alcanzar os 120 e pasar desta medida de decibelios, o son considérase prexudicial porque orixina unha contaminación acústica. O son denomínase ruído cando é desagradable.

 

 

Eres un SuperhumÁn?

 

 

 

PROPIEDADES Do SoN

 

 

Define algunha das palabras do esquema anterior:

 

VIBRACIÓN:

DIAPASÓN:

HERTZIO:

METRÓNOMO:

AMPLITUD:

DECIBELIO:
ARMÓNICO:

 

Como funciona o oído?


 

 

O oído é o órgano responsable da audición e tamén do equilibrio. Divídese en tres partes:

O oído externo, constituído pola orella (pavillón auricular), o conduto auditivo externo e o tímpano. As ondas sonoras son recollidas pola orella e conducidas a través do conduto auditivo externo cara á membrana do tímpano.
O oído medio, en cuxo interior están os tres osículos chamados martelo, bigornia e estribo. Cando o oído externo recolle un son e o tímpano vibra, as ondas sonoras transmítense á cadea de osículos, que se pon en movemento e as transfire ao oído interno a través dunha membrana chamada ventá oval.
O oído interno é unha cavidade hermética onde atopamos a cóclea ou caracol, que está chea dun líquido chamado linfa. Cando a ventá oval vibra, o fluído da cóclea comeza a moverse e estimula a unhas células que transforman o movemento en impulsos nerviosos, os cales son conducidos ata o cerebro polo nervio auditivo. O cerebro interpreta estes impulsos como sons.

 

 

EFECTO DOPPLER

 

 

 

 

Aplicacións do efecto Doppler:
 

O efecto Doppler, máis aló de tratar de explicar os cambios nas ondas do son, pode ter aplicacións importantes. Investiga e explica que usos ten na:

 

Astronomía

 

Medicina