STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
A Terra é un planeta moi especial, a súa atmósfera, a súa composición, o sistema no que está enclavada...todo está a favor para que a Resistecia poda establecer un novo cuartel xeral alí. Todo excepto a seguridade, os espias de Vader están xa aquí e buscan calquer forma de vida diferente as nativas do planeta...Os ataques das flotas de Darth Vader son inminentes.
MISIÓN 2:
PLANETA TERRA
O planeta azul: un
escondite á altura das circunstancias
a cara oculta da lua: Un satélite moi especial
OPENING...
1 O planeta azul: un escondite á altura das circunstancias
"Cando se aposta, a longo prazo, sempre se perde" Qui-Gon Jinn
A Terra é o planeta onde vivimos. A Terra orixínase fai 4.600 millóns de anos. Dende o espazo pode observarse como a maioría da súa superficie está cuberta por auga, por eso chamámolo o Planeta azul. Tamén se observan unhas manchas escuras que corresponden aos continentes. Ten forma de xeoide, é case esférica cun lixeiro achatamento nos polos. Ao redor da Terra hai unha capa de gases chamada atmosfera. Non todos os planetas a teñen nin todas as atmosferas son iguais. Grazas á estrutura da atmosfera terrestre, unha parte da calor do Sol queda retida e así a Terra mantense a unha temperatura media duns 15-20 °C que, aínda que varía entre as épocas do ano ou a zona do planeta na que nos atopemos, é ideal para os seres vivos. A atmosfera tamén nos protexe dalgunhas radiacións solares prexudiciais para a saúde.
Se dividimos a Terra segundo os diferentes materiais que a constitúen, atopamos tres capas distintas: a atmosfera, formada por aire; a hidrosfera, composta por auga, e a xeosfera, constituída por rochas.
A resistencia ten claro que A Terra é un planeta onde os Jedis fuxidos de Vader poden establecer o seu escondite e quizás nun futuro vindeiro unha colonia estable para plantar cara ao Imperio.
TAREFA:
O AFORCADO: Imos completar o seguinte esquema sobre as capas da terra xogando ao clásico xogo do aforcado. Cando o teñamos listo, ímolo copiar no cuaderno.
A ATMOSFERA é a capa de gases que envolve a Terra. Está composta principalmente por nitróxeno (78 %) e osíxeno (21 %), ademais doutros gases como o dióxido de carbono, o vapor de auga e o ozono. Tamén hai nela partículas sólidas, como pole e po, que se levantan do chan debido á forza do vento.
Na atmosfera distínguense distintas capas:
A
troposfera:
empeza na superficie do planeta e acaba aos 12 km de altura.
A temperatura diminúe coa altura. Nesta capa danse os
fenómenos meteorolóxicos, como a choiva e o vento.
A estratosfera: esténdese desde os 12 ata os 50 km de altura. A temperatura é máis alta que na troposfera. Aquí atópase a capa de ozono.
A mesosfera: chega ata os 80 km de altura. Nela a temperatura volve baixar.
A termosfera: chega ata os 600 km de altura. A súa temperatura é moi elevada.
A exosfera: é a capa máis externa e chega ata os 10.000 km de altura.
A XEOSFERA: A
xeosfera é a parte sólida do planeta. Está formada por
rochas, minerais e metais. Podemos distinguir as seguintes
capas:
A codia:
é a parte máis
superficial. É sólida e está formada por rochas e algúns
metais. A codia continental é a que forma os continentes.
Por debaixo dos mares e océanos, está a codia oceánica,
moito máis delgada que a continental.
O manto: esténdese máis alá dos 2.000 km de profundidade. Está formado por rochas e metais. A parte máis próxima á codia atópase a unha temperatura e presión moi elevadas, polo que as rochas e os metais están semifundidos e flúen como un líquido viscoso chamado magma.
O núcleo: é a capa máis interna e ocupa o centro da Terra. Está composto por metais como o ferro e o níquel. A súa temperatura chega aos 6.000 °C. A parte superior do núcleo atópase en estado líquido.
TAREFA:
AS CAPAS DA XEOSFERA: Imos facer unha represenración en 3D das capas da xeosfera. Para elo necesitaremos plastilina de cores. Atento o seguinte video:
A HIDROSFERA: É a parte do planeta composta por auga; comprende tanto os océanos como a auga subterránea, ademais do xeo dos polos e o vapor de auga da atmosfera.
A auga da
hidrosfera clasifícase en augas salgadas e augas doces:
As augas
salgadas ou oceánicas:
son as dos mares
e océanos e constitúen as máis abundantes no noso planeta.
Conteñen altas concentracións de sal, debido á acumulación
de sales minerais.
As augas doces ou continentais: son as que se atopan nos continentes. Poden ser superficiais, como os ríos, torrentes, lagos e lagoas. Ou subterráneas, orixinadas cando parte das augas superficiais se filtran polas rochas. Gran parte das augas doces atópase como xeo nos polos ou nas zonas de alta montaña.
A Terra, como os demais planetas, xira ao redor do Sol seguindo unha órbita en forma de elipse. Á súa vez, mentres xira ao redor do Sol, a Terra xira sobre si mesma. Estes dous movementos coñécense co nome de translación e rotación, respectivamente.
TAREFA:
Necesitamos un palito de cartón, 3 clips metálicos e cartolina. O prato será o sol, así que o pintaremos amarelo. Sobre a cartolina debuxaremos unha Terra e unha lúa como na fotografía. Uniremos cuns "paus" feitos con cartolina como na fotografía e colocaremos os clips para que poidan virar. Mostraremos e explicaremos os nosos compañeiros os dous tipos de movementos que realiza a Planeta Terra e a Lua
Agora que coñeces ben a Terra tenta asesorar a Luke para que non sexa descuberto polas forzas do imperio. Explora o planeta e recolle recompensas.
O futuro da resistencia está nas túas mans. Actúa con tino e ten en conta que a Terra é completamente diferente o planeta de orixe de Skywalker e que vai botar moito de menos Tatooine:
2 a cara oculta da lua: Un satélite moi especial
"É verdade. Todo iso. O lado escuro, os Jedi. Son reais" HAN SOLO
A Lúa, ese satélite natural da Terra que influe definitivamente sobre ela...
Non ten luz propia pero brilla porque reflicte a luz do Sol. Non ten atmosfera e a forza da gravidade é moito menor que na Terra, por iso os astronautas que chegan á Lúa parece que floten.
As fases lunares
tiveron, e nalgúns sitios aínda ten, unha enorme importancia
para os agricultores xa que en función dela, elixían os días
de sementa e colleita.
Para comprender por que teñen lugar as fases lunares nada
mellor que observar un esquema da posición da Terra, da Lúa
e do Sol pero antes definirase as características de cada
fase.
Fases da Luna:
Luna
Nova, o
satélite natural da Terra atópase oculto tras o resplandor
do Sol. Só pode verse cando ocorre unha eclipse total de
Sol.
Cuarto
Crecente,
nesta fase a Luna aparece con só unha metade iluminada.
Luna Chea,
cando a Luna aparece totalmente iluminada
Cuarto
Menguante,
a iluminación da Luna vai sendo cada día menor ata chegar ao
Novilunio ou Luna Nova.
Unha curiosidade: OS ECLIPSES
Estes fenómenos
naturais non suceden da miúdo, do mesmo xeito que a súa
apreciación non se dan en todo o continente, senón que poden
ser vistos nalgún que outro país. As eclipses son
superposición de astros, poden ser estes planetas entre si,
pero na terra temos só algúns entre nós e o sol, o cal os
fai fenómenos visibles (ou tamén eclipses de lúa, claro).
As eclipses son fenómenos naturais que ocorren cando un
corpo celeste, oculta total ou parcialmente un astro,
interpoñéndose entre outro, estes prodúcese xeralmente cando
a Terra, a Lúa e o Sol atópanse aliñados. Existen dous tipos
de eclipses: a eclipse Lunar e Solar.
As eclipses solares danse sempre durante a fase de Luna nova, estes poden ser Eclipses Totais, é dicir cando se oculta completamente ao sol, ou Eclipses Anulares cando a Luna queda “dentro” da circunferencia do Sol deixando asomar soamente un “anel brillante” ao seu ao redor.
Doutra banda este fenómeno tamén ocorre coa Luna, as eclipses lunares, danse sempre durante a fase de Luna chea e poden ser observados, a gran maioría, desde calquera recuncho do planeta Terra.
Estas eclipses poden ser Penumbrales, é dicir cando a Luna atravesa soamente a penumbra da Terra, Parciais, só cando unha parte da Luna atravesa a umbra terrestre e por último Total, é dicir cando a Luna atravesa a umbra terrestre na súa totalidade.
TAREFA:
Imos facer un informe detallado da configuración e funcionamento de satélite. Pare elo imos completar o seguinte esquema:
Para completar a túa instrucción imos ver se tes asimilado o contido sobre a lua. Resposta as seguintes preguntas: