STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
A chegada das tropas imperiales á Terra desencadea unha ofensiva do exército terrestre para defender o seu territorio. Vader non está disposto a negociar unha rendición e os principais mandatarios do planeta tampouco van a deixar que as tropas do Imperio campen as súas anchas por territorio que lles pertence.
Os espías de Lord Vader proporcionan información sensible o Lord Sith sobre o paradeiro de certos Jedis involucrados na masacre da Estrela da Morte e é Vader en persoa o que aterriza na Terra para comprobar a fiabilidade das súas fontes...
MISIÓN 3:
CLIMA
TEMPO E CLIMA: Un dúo
inseparable
FACTORES CLIMÁTICOS: Frío ou calor
CLIMAS DA TERRA: Dos polos aos trópicos
OPENING...
1 TEMPO E CLIMA: Un dúo inseparable
"Este é un novo día, un novo comezo" - Ahsoka Tano
O tempo e o clima son dous das expresións máis usadas no ámbito meteorolóxico, con todo e a pesar do que poidan pensar moitas persoas, non se trata de conceptos idénticos e fan referencia a contidos totalmente diferentes.
Cando se fala do concepto do tempo faise referencia ao estado no que se atopa a atmosfera. Neste estado interveñen elementos tan comúns como a temperatura, a humidade ou o vento e adoita cambiar todos os días. Desta forma adóitase dicir que fará un día chuvioso, de moito vento ou de bastante calor. Cando se fala do tempo, tamén inclúe desastres naturais como poden ser os tornados, os furacáns ou os ciclóns. Polo tanto o tempo atmosférico refírese á situación da atmosfera durante un período curto (un día ou menos) nun espazo reducido da superficie terrestre.
En canto ao clima, fai referencia á media relativa de
temperatura ou de humidade nun sitio específico ou
determinado da península. Polo tanto o clima é o
resultado do comportamento de distintos fenómenos
meteorolóxicos, como as precipitacións, a temperatura ou o
vento, nunha determinada zona ao longo de moitos anos.
2 FACTORES CLIMÁTICOS: Frío ou calor
"Agora, a ser valente e non mirar cara atrás" - Shmi Skywalker
Hai elementos que inflúen no clima e fan que varíe dunha zona a outra. As características que inflúen no clima denomínanse factores climáticos e son os seguintes:
A distancia respecto ao mar:
inflúe no clima porque o mar fai que as temperaturas sexan
máis suaves na costa que no interior. Nas zonas de costa, as
temperaturas, ademais de ser máis suaves, varían menos entre
o día e a noite. Isto débese a que a auga arrefría e quece
máis lentamente que a terra, o que inflúe na atmosfera
próxima e fai que se suavicen as temperaturas.
A latitude: é a distancia desde un punto determinado do planeta ao Ecuador. A latitude tamén inflúe na temperatura, xa que a maior proximidade ao Ecuador, máis altas son as temperaturas; así mesmo, conforme nos afastamos do Ecuador cara aos polos, as temperaturas baixan. Isto débese a que os raios solares non quentan a Terra por igual, as zonas do Ecuador son as que máis calor reciben. España atópase nunha área intermedia chamada zona temperada.
O relevo e a altitude: as formas do relevo determinan a altitude do terreo e esta afecta tanto ás precipitacións como á temperatura dunha zona. Nas zonas montañosas, máis altas, as temperaturas diminúen e as precipitacións son máis frecuentes, xa que as nubes chocan contra os picos e provocan chuvias. Pola contra, nas chairas, o aire é máis cálido e as precipitacións menos frecuentes.
Agora que xa temos claro os conceptos de tempo e clima e coñecemos os factores que influen neles, temos que preparar un informe a modo de presentación para a resistencia. Luke debe coñecer á pèrfección o funcionamento do planeta para ter ventaxa con respecto ao Imperio no caso dunha hipotética batalla.
TAREFA:
PowerPoint é a ferramenta máis habitual á hora de facer presentacións profesionais. Imos usala, aquí tes 10 consellos para facer unha boa presentación:
1 Elixe un fondo adecuado para as diapositivas.
2 Utiliza moitas imaxes para que
sexa visual.
3 Usa fontes cun deseño actual.
4 Crea Movemento coas animacións.
5 Utiliza transicións.
6 Insere Vídeos ou Audios para facela mais dinámica.
Prepera unha presentación de power point co seguinte esquema:
DIAPOSITIVA 1: Portada e título.
DIAPOSITIVA 2: Que é o tempo, explicación.
DIAPOSITIVA 3: Que é o clima, explicación.
DIAPOSITIVA 4: Que son os factores climáticos e porqúe influen no clima.
DIAPOSITIVA 5: Nome dos factores climáticos.
DIAPOSITIVA 6: Explica dous factores
DIAPOSITIVA 7: Explica os dous factores que faltan
DIAPOSITIVA 8: Despedida
3 CLIMAS DA TERRA: Dos polos aos trópicos
"Preparado estás? Que sabes ti de estar preparado? Durante oitocentos anos adestrei aos Jedi. Eu decidirei quen debe ser adestrado" - Yoda
En función da cantidade de enerxía que recibimos do Sol, a Terra divídese en tres zonas climáticas nas que se desenvolven diferentes tipos de climas e de paisaxes: cálido ( intertropical), tépedo e frío (polar).
CLIMAS CÁLIDOS:
Sitúanse entre o Trópico de Cancro e o de Capricornio (entre
0º e 30º de latitude norte e sur) e distinguimos tres tipos
de climas:
Ecuatorial: Esténdese pola conca do río Amazonas, a zona de
África ecuatorial, Indonesia e as illas de Papúa e Nova
Guinea. Todos estes territorios sitúanse moi preto do
#Ecuador. As súas temperaturas son cálidas todo o ano, entre
25º e 30º C, con poucas variacións entre o verán e o
inverno. As súas precipitacións son abundantes (2.500 mm
anuais) ao longo de todo o ano.
Tropical: Igual que o anterior, conta con temperaturas
elevadas e precipitacións abundantes. Pero as choivas
tropicais distribúense en dúas estacións: unha chuviosa no
verán e outra seca no inverno.
Desértico: Localízase preto dos trópicos de cada hemisferio.
Posúe unha oscilación térmica moi acusada entre o día e a
noite, o que dá lugar a unhas temperaturas medias anuais
menores que nos climas ecuatoriais e tropicais. As
precipitacións son moi escasas, inferiores a 250 mm anuais.
Os climas temperados:
Mediterráneo:
É propio do litoral do mar Mediterráneo, pero tamén se dá
noutras zonas costeiras moi distantes como a costa oeste dos
EEUU, Chile, Sudáfrica e Australia. A súa temperatura media
anual está entre os 10º C e os 18º C, con veráns secos e
cálidos e invernos suaves. As súas precipitacións son moi
irregulares (entre os 400 e 850 mm anuais), alternando
longos períodos secos con choiva intensa.
Oceánico
ou atlántico:
Sitúase nas
zonas tépedas baixo a influencia do mar. As súas
temperaturas son suaves durante todo o ano (entre os 10º C e
18º C de media). As precipitacións son abundantes e
regulares durante todo o ano, por encima dos 1000 mm anuais.
Continental:
Dáse nas rexións
tépedas no interior dos continentes e sen a influencia do
mar. Por tanto a súa amplitude térmica anual é moi elevada,
con invernos moi fríos (superan os -30º C) e veráns cálidos.
A media anual non supera os 10º C. As precipitacións son
escasas, maiores no verán e en forma de neve no inverno.
Os climas fríos
Polar:
Situado nos círculos polares, entre os 60º e 90º de latitude
Norte e Sur. As temperaturas adoitan ser inferiores a 0º C .
No inverno son moi frías (por baixo dos -50º C) e no verán
próximas aos 0º C. As precipitacións son escasas (menos de
250 mm anuais) e en forma de neve.
Alta
montaña:
Desenvólvese nas grandes cordilleiras como o Himalaya, os
Alpes ou os Andes, e noutras zonas que superen os 2.500
metros de altitude. Posúe veráns frescos e invernos moi
fríos. A súa temperatura é baixa durante todo o ano e está
condicionada pola altitude (por cada 100 m. de ascensión a
temperatura descende 1º C) e a orientación. As
precipitacións son abundantes en forma de neve e tamén
varían segundo a orientación respecto ao vento.
TAREFA:
Completa o seguinte esquema co que aprendiches sobre as zonas climáticas da terra:
O centro de
Control do Tempo e o Clima é unha instalación que se atopa
no centro da cidade perdida dos Jedi. Segundo o androide DJ-88
administrador da Cidade Perdida, o centro de control é o
responsable de regular o tempo da Galaxia. Noutros tempos a
Galaxia foi un cúmulo de planetas frios e plo tanto
inhabitables. Os Jedi transformaron a súa composición e
abriron enormes respiraderos de vapor. Controlando a saída
de vapor de auga das reixas de ventilación, o Centro de
Control do Clima, estableceu unha estación de choivas de
seis meses e unha estación seca doutros seis en todos os
planetas da Galaxia.
Cando Luke Skywalker entra á cidade perdida a través dun dos
orificios de vapor en busca de axuda para derrotar as forzas
imperiais DJ-88 ordena que se abran os orificios antes de
tempo e Luke introduce o código para activar a máquina de
control do clima, previamente Obi- Wan Kenobi dille nun soño
que código ten que introducir. Cando empezou a saír o vapor
formáronse grandes nubes que descargaron sobre os incendios
provocados polos Trioculus, adiantándose así a estación de
choiva.