![]() ![]()
|
Colegio "La Grande Obra de Atocha" CURSO 2009-2010 1º Ciclo Primaria
PROYECTO: “Conservación da flora e da fauna avícola en Iñás”
(Voz Natura es un programa de educación medioambiental puesto en marcha por la Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en el curso 1997/1998. Su objetivo es implicar a la comunidad escolar de Galicia en la recuperación y defensa de la naturaleza de nuestra tierra.)
|
|
|
Este curso 2009/10 o Primeiro Ciclo de Primaria participa no programa de educación medioambiental Voz Natura desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O noso proxecto chámase “Conservación da flora e da fauna avícola en Iñás”. Por iso no mes de outubro colocamos niños e comedeiros na finca de Iñás para favorecer a reprodución dos paxaros e manter as especies autóctonas, colaborando asi co medio ambiente e fomentando a conservación da flora e da fauna avícola.
Puxemos nunhas árbores comedeiros con froita fresca e noutras comedeiros con pienso. Tamén colocamos “casiñas” para que fagan os seus niños os estorniños, os petos, os merlos… e unha especial para morcegos. Xa vos contaremos todas as novidades que vaian sucedendo. Ata pronto! -------------------------------------------------------------------------- Xa temos aquí novas sobre o noso proxecto: Comprobamos que os paxaros silvestres tardan moito en aceptar niños artificiais e que algúns paxaros queren estar xuntos. Por tanto, puxemos os niños máis pretos uns dos outros. Os comedeiros foron un éxito. Tivemos que repoñer tanto o pienso como a froita fresca porque os paxaros necesitan sitios para ir comer. Este inverno foi moi duro e aínda que a finca é moi grande non todos os paxaros poden atopar fácilmente a comida. Queremos dar as grazas as persoas que viven en Iñás porque estiveron moi atentas a todo este proxecto. Axiña saberemos se aniñou algún paxariño. Ata pronto!
-------------------------------------------------------------------------- SORPRESA!: Comprobamos que algún paxariño comeza a facer do noso niño a súa casiña. Este traballo foi moi positivo e enriquecedor para os alumnos/as producindo unha grande interacción entre toda a comunidade educativa, que se brindou a cooperar no logro deste proxecto.
Elaboramos unha Memoria, resumindo o traballo que fixemos ao longo do curso e confeccionamos un Mural, co obxectivo a conseguir con este proxecto. Estes dous traballos poderémolos ver na exposición que se fai co motivo da gran festa de fin de curso Voz Natura, que se celebrará o 5 de xuño no parque de Acea de Ama en Culleredo. Estamos todos invitados!
E aquí están as nosas conclusións:
DISFRUTAMOS CON ESTE PROXECTO!
|
||
|
|
||
|
|
||