ESTILO EDUCATIVO
A nosa escola desenvolve o seu labor educativo co espírito e estilo de D. Baltasar , en sintonía coa familia, da man da cultura e en contacto coa natureza, caracterizado por:
- O criterio preventivo, facendo propostas de experiencias positivas:
- Educando dende os positivo.
- Proxectando a educación máis alá da aula e do horario lectivo.
- O ambiente educativo que se caracteriza por:
- O clima de alegría, de festa, de gratitude e de amizade.
- O espírito de familia, con calor de fogar.
- O protagonismo dos educandos .
- O traballo, a disciplina e o esforzo diarios.
- A sinxeleza en todos os seus actos.
- A transparencia nas actitudes de cada día buscando sempre a verdade.
- É desenvolvemento de hábitos de convivencia, respecto e aprecio aos demais, actitudes de diálogo e comprensión, liberdade respectuosa.
- A sensibilidade ante as necesidades dos demais, compartindo cos que están ao noso lado.
- A relación educativa persoal que recoñece a individualidade e a historia persoal de cada alumno que se reflicte en:
- A familiaridade entre educadores e alumnos, a proximidade.
- A capacidade de acollida e de diálogo.
- A confianza e simpatía cara ao mundo dos nenos e os mozos, desenvolvendo a autoestima.
- A presenza animadora dos educadores que:
- Animan as súas iniciativas.
- Ofrecen elementos de maduración persoal cun ensino personalizado.
- Preveñen experiencias negativas e condutas inadecuadas.
- Abren constantemente a unha visión relixiosa da vida.
- A oferta respectuosa dunha experiencia de fe que se caracteriza por:
- O encontro con Dios-Padre na vida ordinaria.
- A celebración da fe e o trato familiar con Jesús na Eucaristía.
- Unha profunda e tenra filiación mariana , coa celebración das súas festas.
- O sentido da Igrexa, de irmáns, pedindo perdón e perdoando.
- A proxección misioneira e solidaria da propia fe.
- A proposta de compromiso cristián:
- No cumprimento do deber.
- Na solidariedade
- Na vida cidadá