|
|
||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||
CABAZA, A RAÍÑA DA FESTA
Xa sexa como adorno ou como ingrediente básico de moitas receitas, a cabaza é a protagonista indiscutible do Samaín. A cabaza é orixinaria de América e pertence á familia das cucurbitáceas.
Producto de outono por excelencia, a cabaza é o froito da cabaceira, unha planta orixinaria de América que pertence á familia das cucurbitáceas. Hainas de tamaños, cores e formas moi diferentes, dependendo da variedade. En Galicia, entre as cabazas comestibles, destacan a verde, a mamouth, a de Ohio, a amarela grande e a de San Roque, tamén coñecida por cabaza de pelegrín, pola súa forma de botella, e cunha corteza, que unha vez baleira e enxoita, serve como recipiente.
A máis coñecida ten forma redonda e aparece decorando moitos fogares durante a festa do Samaín (en EEUU teñen unha tradición similar, o Halloween, aínda que alí só ten século e medio de antigüidade). Son as famosas cabazas talladas en forma de cara. Para tallar unha delas hai que baleirar toda a pulpa e cun coitelo ou unha ferramenta cortante fanse as incisións para realizar os ollos, o nariz e a boca. Se no seu interior se coloca unha luz parecen cobrar vida e adquiren un aspecto un tanto terrorífico.
Imos comentar como foi a orixe da festa. Segundo contan os historiadores, os irlandeses utilizaban os nabos como lanternas e simbolizaban as almas dos mortos. Sospéitase que Irlanda foi un dos lugares onde chegaron maior cantidade de tribos celtas, e que dende alí se espallaron a outros lugares de Europa. Parece ser que nos seus rituais adoraban as cabezas cortadas dos seus inimigos, e tamén as alumeaban en determinadas épocas do ano. Nembargantes, ó chegar a algunhas terras, se non había moita produción de nabos, os substituían por cabazas. Así lles sucedeu en Norteamérica, a onde chegaron a mediados do século XIX, fuxindo da superpoboación e a fame de Irlanda.
En EEUU a esta cabaza tallada en forma de cara se lle chama Jack-O-lantern (“lanterna de Jack”) e segundo conta unha lenda de orixe irlandés, un home chamado Jack, bastante vividor atreveuse a retar ó demo a subir a unha árbore. Jack trazara unha cruz no tronco e o demo quedou atrapado nel. Entón foille máis doado facer un trato con Satán: “Se che deixo baixar, non quedas coa miña alma”. Cando Jack morreu non lle foi permitido o ingreso no ceo pola súa vida licenciosa, pero tampouco no inferno polo que lle fixera a Satán e foi condenado a vagar entre as sombras. Pero o demo proporcionoulle un cirio dentro dun nabo.
En Galicia danse todas as condicións para o seu cultivo, pero ata hai uns anos non era, precisamente, un dos produtos máis utilizados na cociña. Agás unha excepción, a repostería. E é que existe unha variedade de cabaza coñecida co nome de confiteira Cidra, de forma esférica, máis ou menos alongada e de cor branca, que ten uns contidos filamentosos que se utilizan para elaborar o exquisito cabelo de anxo. É un alimento moi útil para combatir o estreñimento pola seu abundante contido en fibra, e debido ó seu escaso aporte calórico e o seu baixo nivel de hidratos de carbono é un produto moi recomendable para as dietas dos diabéticos e das persoas con problemas de obesidade.