En el Reglamento de Régimen Interior, aprobado por el Consejo Escolar el 17 de octubre de 2007, en el artículo 7, se recogen las siguientes normas de convivencia para la comunidad educativa:
  • O respecto á integridade física e moral e aos bens das persoas que forman a Comunidade Educativa e daquelas outras persoas e institucións que se relacionan co Centro con ocasión da realización das actividades e servizs do mesmo.

  • O respecto ás normas de organización, convivencia e disciplina do centro.

  • A tolerancia ante a diversidade e a non discriminación a ningunha persoa polo seu sexo, cor, idade, características físicas ou intelectuais, situación económica, relixión ...

  • A corrección no trato social, en especial, mediante o emprego dunha linguaxe correcta e educada, actuando con naturalidade, "saber estar".

  • O interese por desenvolver o propio traballo e función con responsabilidade.

  • O respecto polo traballo e función de todos os membros da Comunidade Educativa.

  • A cooperación nas actividades educativas ou convivenciais.

  • A boa fe e a lealdade no desenvolvemento da vida escolar.

  • O coidado no aseo e imaxe persoal e a observación das normas do Centro sobre esta materia. Os alumnos de E. Infantil, E. Primaria e 1º e 2º de ESO asistirán a clase co uniforme completo, e a Educación Física co chándal e a súa camiseta e tenis.

  • A actitude positiva ante os avisos e correccións.

  • A adecuada utilización do edificio, mobiliario, instalacións e material do Centro, conforme ao seu destino e normas de funcionamento, así como o respecto á reserva de acceso a determinadas zonas do Centro. Corresponde a todos os membros da Comunidade educativa velar polo coidado do inmoble, o bo uso do material e o seu mantemento e limpeza non permitindo pintadas nas mesas, paredes, portas, taboleiros de anuncios, etc. É responsabilidade dos alumnos manter a orde e limpeza nos pupitres, libros e obxectos persoais. Neste sentido, ao final da mañá e da tarde, as aulas deben ficar aireadas, o encerado borrado e os pupitres e cadeiras ben colocados.

  • É tamén responsabilidade dos alumnos que se acollan o Plan de gratuidade de libros de texto, coidar especialmente os libros escolares, tendo en conta que o rematar o curso pasarán a utilizalos outros compañeiros que desexan recibilos no mellor estado posible. Por esta razón o titor será o encargado de avalialos, e no caso de non encontralos  en bo estado, determinará a súa reposición ou abono.

  • A puntualidade. O día escolar comeza cunha oración como quería o Fundador. Todos estarán cinco minutos antes do comezo das clases no patio, segundo o nivel ao que pertenzan. A entrada ás aulas farase coa máxima puntualidade non permitindo o acceso aos que non estean á hora debida, a non ser por causa xustificada.

  • Os alumnos que cheguen tarde serán enviados a Portería ou no seu caso, a Dirección. Ás tres faltas sen xustificar, no mesmo trimestre, será expulsado un día para a casa. (En revisión)

  • Así mesmo as entradas ás aulas deberán realizarse en orde, polas escaleiras e corredores destinados ao efecto.

  • A asistencia regular ás clases é unha obriga dos alumnos. As faltas de asistencia deben xustificalas os pais ou titores ao profesor titor ou o alumno con xustificante médico ou nota familiar escrita no momento en que, despois de ter faltado, se incorpore á clase. A falta a clase e a non participación nas actividades orientadas ao desenvolvemento dos planos de estudio de modo reiterado pode provocar a imposibilidade da aplicación correcta dos criterios xerais de avaliación e a propia avaliación continua.

  • Os alumnos deben saudar sempre ás persoas e pedir as cousas POR FAVOR, dando GRAZAS.

  • Manter unha postura correcta en clase, de pé ou sentado e comportarse con normalidade.

  • Durante o horario escolar non se permitirá a saída do centro sen previa autorización dos pais ou titores. Nos recreos soamente poderán facelo os alumnos de CFM. cando a dirección o estime convinte.

  • Ningún alumno poderá permanecer na aula no tempo dos recreos, nin unha vez finalizadas as clases, a non ser que estea o profesor.

  • Non está permitido ter gorros/as postos/as na aula.
  • No espacio que media entre unha clase e a seguinte os alumnos deben permanecer na aula, mantendo a orde e sen asomarse ás xanelas.

  • Durante o desenvolvemento da clase manterán un comportamento que permita conxugar a súa participación cos demais e respectarán o dereito a traballar dos compañeiros; requírese por tanto, atención, interese e actitude positiva no traballo.

  • O traslado ás aulas específicas: informática, música, tecnoloxía, plástica, educación física, etc. debe facerse con axilidade, orde e silencio.

  • Non se tirarán obxectos ou desperdicios en ningunha dependencia do Centro, así como non se permitirá comer pipas, goma de mascar, ou refrescos dentro do recinto escolar. Nin tirar papeis ao chan e, no caso de os haber, estar disposto a recollelos .

  • Por motivos de convivencia e saúde de todos a lei non permite fumar dentro do recinto escolar, e pensando no benestar das demais persoas non se fará nas inmediacións das súas portas.

  • Os servizos utilizaranse nas horas de recreo; nas horas de clase, soamente se usarán en casos de extrema necesidade.

  • O colexio terá un horario establecido para a visita dos pais ou titores. Fóra deste horario non deberán interromper as clases ou outras actividades programadas.

  • Toda a Comunidade Educativa ten que estar moi concienciada de que a administración de medicamentos non é unha actividade propia dos mestres e que realizala pode supoñer algún tipo de risco para os alumnos. Aínda así, o Centro, tendo en conta que algúns pais pódense encontrar na posibilidade de dar o tratamento necesario en  momentos puntuais aos seus fillos, autorízase aos mestres a que voluntariamente realicen este labor sempre que acompañe unha receita médica firmada e selada, cos seguintes datos:
  • Nome do alumno
    Nome do medicamento
    Dose a inxerir coa especificación horaria
    Tempo de comezo e finalización da administración do medicamento.
    De ser necesaria a continuidade do tratamento será obrigatorio presentar unha nova receita.

  • As saídas para realizar excursións, visitas ou outras actividades educativas fóra do recinto escolar, requirirán unha autorización por escrito por parte dos pais/titores.

  • Os alumnos aportarán o material escolar necesario para realizar as actividades escolares e extraescolares.

  • Os alumnos deben entregar aos seus pais/titores todos os comunicados, avisos, documentos e boletíns de cualificacións nos prazos previstos.

  • Non está permitido aos alumnos o uso de videoxogos, aparellos persoais de música e teléfonos móbiles no Centro. Así mesmo, os cromos non se permiten en clase, filas, comedor ..., salvo nos tempos de recreo. Aos alumnos que contraveñan esta norma lles serán retirados ditos aparellos polo profesor que observe a infracción quen os entregará en dirección. Para recuperar estes aparellos, os pais deberán solicitalo persoalmente. Ante a repetición desta falta, os aparellos serán retidos ata final de curso.

  • Os alumnos que individual ou colectivamente causen danos de forma intencionada ou por neglixencia ás instalacións do Centro ou a o seu material quedan obrigados a reparar o dano causado ou facerse cargo do custo económico da súa reparación. Igualmente, os alumnos que subtraesen bens do Centro deberán restituír o subtraído. En todo caso, os pais ou representantes legais dos alumno serán responsables civís nos termos previstos nas leis.

  • No comedor, os alumnos respectarán e cumprirán as normas:

    Chegarán con puntualidade e respectando a orde, sen aglomeracións.

    Non berrar nin falar en alto, non deixar comida no prato nin tirala ao chan.

    Os alumnos que non podan comer algún alimento especial deben indicalo por escrito á persoa encargada.

    Ao acabar deixarán as mesas e cadeiras limpas.

    Non se erguerán da mesa ata que llo indiquen, debendo estar correctamente sentados e en todo momento ter en conta que no comedor se manifesta a educación de cada un.

  • En caso de accidente dos alumnos, o Centro procederá como segue:

    Tentará localizar  aos pais ou titores do alumno para lles comunicar a existencia do contratempo, co fin de que se presenten no Colexio.

    En función da urxencia, o Colexio trasladará ao alumno a un centro de asistencia médica, onde  se farán cargo os familiares de dito alumno.

  • Participar e colaborar activamente, co compromiso de favorecer o mellor desenvolvemento do ensino, da orientación escolar e da convivencia do centro.

  • Colaborar positivamente en todas as actividades extraescolares que se organicen.As normas de convivencia se estenden ás actividades extraescolares, que organizadas polo Colexio, se realicen dentro ou fóra do centro.

  • Toda a comunidade educativa aceptará o Ideario Propio do Centro e respectará as normas morais que del se deriven. Por respecto a todos, deberase ir correctamente vestidos, evitando accesorios e todo tipo de mensaxes e roupa que poda ir en contra dos valores que se propoñen no Ideario.

  • En xeral, o cumprimento dos deberes que se sinalan na lexislación vixente e no presente Regulamento aos membros da Comunidade Educativa e de cada un dos seus estamentos.

  • ¡¡¡Son conductas contrarias ás normas de convivencia feitos como: berrar, tirar papeis, correr, empurrar, cuspir no chan, insultar, etc.!!!

  • O respecto, a sinceridade, a alegría, a xustiza, a liberdade, a transcendencia e o esforzo común para a convivencia e para promover un espírito en que se realice a formación integral da persoa. Os comportamentos que se aparten destas normas básicas ou as contradigan serán consideradas como faltas.

  • No referinte a infraccións, faltas, sancións e garantías procedementais estarase ao disposto no Decreto 732/1995 sobre dereitos e deberes dos alumnos e no TÍTULO V deste Regulamento.

CPR San José - Avda. de La Coruña, 25. Pontedeume (A Coruña) (ver en Google Maps)

Tfno: 981 430056 |  Fax: 981430063   |  direccion@gosanjose.com