1 O relevo de España

Sabías que, nunha etapa da Volta ciclista a España, un ciclista pode comezar pedaleando a nivel do mar, despois subir un porto de montaña e acabar nun val entre paredes altísimas? Todo nun só día! Esto sucede grazas a variedade do noso relevo...

 Contra os xenomorfos

Algúns dos integrantes da Liga da Xusticia Nova entraron no cuartel xeral de producción das novas armas biolóxicas coas que as forzas do mal pretenden acabar con planeta: os xenomorfos...

 

OS MONTES

Cando falamos de montes, o relevo da península está formado pola Meseta Central e os montes que están no éu interior, os sistemas montañosos que a rodean e s que se atopan no séu exterior.

A Meseta Cental divídese en duas partes: Submeseta Norte e Submeseta Sur, e no séu interior atopamos os Montes de Toledo:

Bordeando a Meseta atopamos os Montes de León, a Cordillera Cantábrica, o Sistema Ibérico e Sierra Morena:

No exterior da Meseta está o Mazizo Galaico, os Montes Vascos, os Pirineos, A Cordilleira Costero Catalana, e os Sistemas Béticos coas Cordilleiras Penibética e Subbética.

Aquí o temos todo xunto:

 

Pero ademáis dos sistemas montañosos e montañas, o relevo español inclue:

Depresións que son zonas baixas de terreo que se atopan entre as montañas que rodean a Meseta e as cordilleiras exteriores. Están atravesadas por grandes ríos e son dúas: a Depresión do Ebro e a do Guadalquivir.
Arquipélagos: as Illas Baleares,
no Mar Mediterráneo e as Illas Canarias, no océano Atlántico, de orixe volcánica, nestas illas está o pico máis alto de España, o Teide.

Repasa os sistemas montañosos de España e enfróntate a terceira proba para entrar na Nova Liga da Xustiza:

 

2 Os ríos de España

En España podemos atopar ríos tranquilos e apacibles que percorren longas distancias, e outros con percorridos, máis curtos nos que é casi imposible meter un pe sin que nos arrastre a corrente. Sabes a que se deben tantas diferenzas?

Pois tantas diferenzas son debidas ao relevo e o clima polo que discurren. Nas zonas onde chove máis, os ríos teñen máis caudal, é dicir, levan máis auga.

Sengundo o mar ou océano onde desembocan, os ríos poden agruparse en tres vertentes: atlántica, cantábrica e mediterránea. Os ríos da mesma vertente teñen características similares.

 

RÍOS DA VERTENTE MEDITERRÁNEA: polo xeral son curtos, xa que a maioría nacen en montañas próximas ao Mar Mediterráneo. Ademáis teñen pouco caudal e este é irregular, é dicir, varía moito según a época do ano. Algúns chegan a secar durante o verán.
Os ríos Ter, Llobregat, Turia, Xúcar, Segura e Almazora desembocan no Mediterráneo. O Ebro é o río de maior lonxitude e caudal do territorio español.

Completa o crebacabezas para ver os ríos da vertente mediterránea:

 

RÍOS DA VERTENTE ATLÁNTICA: son moi diferentes entre sí:
- Os que atravesan a Meseta: como o Douro, o Texo, ou o Guadiana, son moi longos e caudalosos. O seu caudal é irregular. pois decrece moito no verán. O mesmo sucede co río Guadalquivir.
- Os ríos atlánticos do noroeste da Península sitúanse nunha zona de clima oceánico, onde hai chuvias abundantes todo o ano: por iso o seu caudal é abundante e regular.

Completa o crebacabezas para ver os ríos da vertente atlántica:

 

RÍOS DA VERTENTE CANTÁBRICA: son curtos e caudalosos, como o Narcea e o Nervión. Isto adoita ser así porque percorren unha pequena distancia entre as montañas onde nacen e o mar onde desembocan.
O seu caudal é abundante e regular, xa que se sitúan nunha zona de clima oceánico, en que as chuvias son abundantes durante todo o ano.

Completa o crebacabezas para ver os ríos da vertente cantábrica:

 

Aquí os tes todos xuntos:

Aprende a canción sobre os ríos:

 

Última proba para entrar na Liga Nova da Xustiza. Aviso que é moi complicada, non oses facela se non estudaches ben os apartados dos montes e os ríos:

 

3 A formación das paisaxes

Non sei se podes lembrar que os nosos novos heroes estaban en perigo loitando contra os xenomorfos. Despois de escapar atopan a entrada a unha cova onde descubren a verdade sobre o proxecto KR. Serán capaces de resolver a situación ou necesitarán a axuda da Liga da Xustiza?

 

Se queremos observar os elementos do relevo nunha fotografía vemos que adoitan estar cubertos de vexetación. Como xurdiron os bosques do norte da Península Ibérica? E as paisaxes áridas das costas do Mediterráneo?

En España hai unha grande variedade de paisaxes cuxa formación depende da rocha, do relevo, do clima, da auga e dos seres vivos.

O proceso comeza cando a auga e o aire erosionan a rocha, penetran nos seus poros e a rompen. A rocha fragmentada forma un solo no que viven miles de seres vivos.

Eses seres vivos descompóñense ao morrer e forman unha substancia moi fértil chamada humus que permite que creza máis a vexetación.
Co paso do tempo, este proceso da lugar a ricas paisaxes.
Pola contra, se a rocha é demasiado dura ou hai pouca auga, o proceso é máis lento e non chega a formarse un solo maduro.

 

O solo é vital para as persoas, pois ademáis de influir no relevo, determina os nosos cultivos: canta máis auga e materia orgánica teña, mellor daránse os cultivos.

Imos facer un experimento na casa. Aquí tes as instruccións:

Cando no frasco os restos de materiais estén ben separados faille unha foto e súbea o drive cunha pequena explicación para que o poidamos ver todos.

Podemos atopar tres tipos diferentes de solos:
SOLOS FÉRTILES: teñen moito humus e auga. Crecen pastos e cultívanse froitas e hortalizas.
SOLOS POBRES: nestes solos a auga escasea. Cultívanse plantas resistentes, como cereais e oliveiras.
SOLOS ÁRIDOS: son moi secos e pobres. Neles só sobreviven matogueiras e plantas como o cacto.

LEMBRA:

O solo é unha capa superficial da codia terrestre.
Co paso do tempo, o solo primitivo cambia as súas características e convértese nun solo maduro.
Existen tres tipos de solo: fértiles, pobres e áridos.

Completa o rosco sobre o relevo:

 

4 As paisaxes de España.

Crecen cactos en España? E palmeiras? E abetos?

Sen ser un dos países máis grandes do mundo, España conta con gran variedade de paisaxes: de montaña, bosques frondosos, costas cálidas, zonas húmidas e mesmo desertos.

Todas estas zonas podémolas clasificar en catro grandes grupos: paisaxe mediterránea, atlántica, de montaña e canaria.

 

PAISAXE MEDITERRÁNEA:  dase en áreas de clima mediterráneo. A vexetación está formada por árbores de folla perenne, como a aciñeira, a sobreira e o piñeiro. Tamén hai zonas de matogueira, con arbustos como o tomiño, a xara ou o breixo. Nas zonas máis áridas do litoral mediterráneo, a paisaxe máis común é a estepa. As plantas que crecen nela, como o esparto ou a palmeira anana, non necesitan moita auga.

Busca na seguinte sopa de letras varias palabras clave relacionadas coa paisaxe mediterránea:

 

PAISAXE ATLÁNTICA: é propia das zonas de clima oceánico. Hai bosques con árbores de folla caduca e praderías sempre verdes. As especies vexetáis máis comúns son a faia, o carballo e o castiñeiro, que necesitan temperaturas suaves e unha humidade elevada. O ser humano introduciu nesta paisaxe outras especies como o piñeiro e o eucalipto.

Resolve o crebacabezas para coñecer os animais que viven na paisaxe atlántica:

 

PAISAXE DE MONTAÑA: nas montañas a vexetación varía dependendo da orientación e da altitude, pois unhas especies adáptanse mellor que outras ao frío e a falta de osíxeno das zonas máis elevadas.
A medida que subimos unha montaña, podemos pasar dun bosque de árbores de folla caduca a outro bosque de coníferas como os piñeiros. A unha maior altitude, aparecen zonas de matogueira e de praderías.

Completa o texto coas palabras que faltan:

 

PAISAXE CANARIA: é propia do clima subtropical. A vexetación varía en cada illa segundo a altitude e a orientación. Nas illas do leste e no sur de Tenerife e de Gran Canaria, os terreos son áridos, con especies adaptadas á falta de auga, como os cactos. Tamén existen zonas moi húmidas, onde se desenvolven bosques frondosos, chamados laurisilva. Nas zonas máis elevadas hai ademáis bosques de piñeiro canario.

Cada ovella coa súa parella. A ver o que sabes sobre a fauna e flora da paisaxe canaria:

 

Bota unha ollada o seguinte esquema, aqui podes atopar todos os datos relativos as paisaxes que hai en España:

Outro dos grandes valedores da Liga da Xustiza é Batman, o home morcego, un superheroe sin poderes especiais que loita contra o mal a raiz de que os seus pais foran asasinados sendo él moi novo:

 

5 As conservación do medio ambiente.

Chegou o momento da loita...

 

A quen non lle gusta ver paisaxes con auga limpa, plantas sas e aire puro que respirar? O avance do que gozamos hoxe na nosa sociedade chegou polo enxeño das persoas e os recursos que nos ofrece a natureza. Pero se o botamos a perder, corremos un grave perigo.

 

Polo tanto a natureza proporciónanos recursos que resultan imprescindibles para a vida no noso planeta. Estos recursos pódense clasificar facendo dous grupos:

RENOVABLES: son inesgotables, aínda que hai que usalos con ciudado.
NON RENOVABLES: poden esgotarse.

Unha das principais causas dos problemas medioambientais débese a un consumo inadecuado dos recursos da natureza.

 

Para loitar contra esos problemas a mellor alternativa é un consumo responsable. A partir de agora, cando compres algo ou consumas algún servizo, debes plantexarte escoller aquél que mellor contribúa á conservación do medio ambiente. Atento a estos consellos:

PARA PENSAR:

Imos ver o seguinte video para rematar esta parte:

 

Fai unha lista e divídea en duas partes: nunha coloca as accións que non contribúen ao equilibrio e preservación do planeta que realiza o homo consumus; na outra as que realiza o homo responsabilus para axudar ao planeta.
 

FIN DA PARTE II