Detectives da Historia
 


A AMENAZA ROBOT...

 

 

A Humanidade está a sufrir un complot por parte dos humanoides MVB70; o seu líder supremo enviará unidades cibernéticas ó pasado para alterar a historia tal e como a coñecemos e borrar os recordos da nosa civilización para esclavizar a nosa raza. A túa misión consiste en frustar o seu intento  e gardar recordos para que a xente no futuro poida lembrar a nosa loita. Estás preparado para enfrontarte á conspiración?