STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH 5º E.P.

 
 

O Imperio queda moi tocado despois da destrución da súa principal arma e organiza unha ofensiva contra A Terra, un pequeno planeta da Vía Láctea onde  Vader cre que se esconde  Skywalker…
A Princesa Leia envía unha unidade R2 acompañada do droide de protocolo C3PO para solicitar datos do Sistema solar e comprobar así a súa habitabilidade.
Lord Vader pon prezo á cabeza dos rebeldes: Luke, Leia, Obi- Wan, Han Solo e Chewbacca...polo que deben evitar aos cazarrecompensas. Boba Fett iniciou a caza, atópase a dúas xornadas da estrela Próxima Centauri.
Por outra banda, o Falcón Milenario rodeou a lúa de Venus e diríxese ao Planeta azul inconscientes do perigo que corren...

 

Que a forza che acompañe!