|
O día 8 de Maio os alumnos de 1º de E.P. amosaron moita
ledicia, ao poder ver de preto algúns dos seus xogadores favoritos do Depor ou do Super Depor. Eles foron
partícipes disto en todo momento, xa que elaboraron unhas preguntas para facerlles, das cales se elixiron posteriormente
as máis atractivas e interesantes para que os alumnos fixeran estas preguntas aos xogadores.
Inicialmente todos os alumnos cantaron o mítico himno do Depor esperando ansiosos a entrada dos xogadores que viñeron a visitarnos. Así un a un foron entrando Manjarín, Sergio, Valerón, Manuel Pablo e Xisco que foron recibidos con moito entusiasmo.
Foi unha experiencias realmente máxica para eles e por iso están desexando que se repita.
|