|
Os alumnos de 5º A
de E.Primaria, estivemos visitando a magnífica biblioteca do colexio.
Alí, pasamos un rato moi entretido lendo diferentes libros , que son
unha fonte para poder enriquecer o noso vocabulario. Tamén
estivemos, no “RINCÓN DE EUROPA”, lugar habilitado para ter
información da U.E. Vimos: pósters, bandeiras de tódolos países
membros, xornais… Sen dúbida unha xornada diferente e enriquecedora.
|