O martes 23 de Marzo fomos, os alumnos de 1º da ESO, ao
castro de Elviña, situado nunha localidade preto de A Coruña
chamada Elviña, onde actualmente se atopa a universidade da
cidade.
Entre o século III e II AC e o IV DC desenvolvese a cultura
castrexa na idade dos metais, entre a idade do bronce e do
ferro.Neste terreo vivían os castrexos cuia maior actividade
económica era a agricultura xa que nos vales arredor do
castro se cultivaban os cereais. Tamén o comercio era outra
actividade economica, utilizando o troco que é o intercambio
de productos. O castro atopábase rodeado por tres murallas a
máis antiga é a que rodea a croa que a parte máis alta e
primitiva do castro. As casas e as demais construccións son
de pedra, utilizaban o granito. As vivendas tiñan planta
ovalada con tellado de palla pero as casas máis recentes son
de planta cuadrada. Nunha das casas atopouse un tesouro con
pezas de ouro. Tiñan un alxibe rectangular con chanzos por
dous lados para recoller a auga da chuvia que recollian con
vasixas de ceramica. Utilizaban fíbulas, que eran como
imperdibles, para prender a roupa.
Na clase explicáronnos tamén a Batalla de Elviña, que tivo
lugar ali mesmo entre Franceses e Ingleses no 1809.
Colaboraron no texto: Ursula
Abelenda, Saúl Casal, Iris Martínez, Gabriela P. Memet,
Aitor Muñoz, Sofía San Claudio, Ángela Seijo (1º B de ESO)