La Coruña 3 de Octubre de 2007
Fotos
 

TODOS   Entroido

 

     

EDUCACIÓN INFANTIL

Este ano, co motivo do festexo do entroido, solicitamos aos  pais a súa colaboración na elaboración dos disfraces, por medio de talleres na aula. Facendo un gran esforzo por vir, desfroitaron moito na súa realización, e entusiasmaron aos seus fillos acudindo ás clases. Dende aquí, dámosvos as grazas pola vosa colaboración.

1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Nesta festa de tradición popular participamos tanto nenos como maiores.

Os maiores, pais e profesores, prepararon con moita ilusión, alegría e algún que outro biscoito, os disfraces e adornos de todos os nenos.

Este ano foi dedicado á Primavera e o noso lema foi:

“É o Entroido,

que divertido!

 Póñome un disfrace

e xogo contigo”

2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

A orixe do Entroido é a celebración do fin do inverno e o comezo da primaveira. O máis característico desta festa popular son os disfraces e tamén a gastronomía: orellas, filloas, lacón con grelos,…

E así o celebramos os rapaces do 2º ciclo de E.P. aproveitando este día para COMPARTIR estes sabrosos productos da nosa terra.

3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos/as do Terceiro Ciclo de E P (5º e 6º) como xa é tradición no noso colexio, celebramos o “ Entroido” -festa tradicional galega recuperada-. Trouxemos : orellas, filloas, rosquillas. Algúns de nós, fixémolas axudando ás nosas nais e por certo , isto de facer de” cociñeiros” resulta moi interesante e divertido. Compartímolas coas nosas titoras e mestras e tivemos unha tarde moi entretida e diferente.

Por certo,… ¡ estábanche ben boas !