|
Os alumnos/as de 5º de Primaria
visitamos o pasado día 29 de Outubro o Parque da Natureza de
Marcelle en Outeiro de Rei (Lugo).
Disfrutamos dun agradable e fermoso
día de convivencia en contacto coa natureza e cos compañeiros.
Coa colaboración dos monitores
percorrimos todo o parque e as beiras do río Miño. Observamos unha
grande variedade de animais, incluso puidemos acariciar a algúns.
Este ano houbo unha novidade .... ¡O
tiro con arco! , por certo resultou do agrado de todos/as.
En fin, foi un día inesquecible e con
ganas de volver outra vez.
|