La Coruña 3 de Octubre de 2007
Fotos
 

TODOS  Magosto

 

 

1º C.E.P.

Acabáronse as vendimas,

e veñen as esfolladas,

e os nenos e nenas do Primeiro Ciclo

comeron cocidas as castañas.

Coas saborosas castañas,

fixemos colares, pulseiras,

xogamos e disfrutamos

durante toda a xeira.

Que ben o pasamos!

2º C.E.P.

O Magosto é a festa da castaña.

Hoxe en día, celébrase reuníndose os asistentes para asa-las castañas e seguidamente xogar, bailar, contar contos...

A festa do Magosto ten ingredientes dos rituais celtas: o lume, a coincidencia co fin do verán, etc...

Nos tamén participamos dela facendo unha bonita actividade.

3º C.E.P.

Os alumnos do Terceiro Ciclo de Ensinanza Primaria ( 5º e 6º) celebramos coas nosas mestras “o tradicional magosto”como nos anos anteriores. Compartimos castañas e coa axuda das nosas nais fixemos bonitos colares e pulseiras. Que saborosas estaban!

 Magosto “ Festa galega xa recuperada” e… ata o vindeiro ano para voltar a  repetilo.