|
O día 29 de Setembro, para celebrar a entrada
da nova estación recén estreada: o Outono, os alumnos e alumnas de
terceiro de ESO fomos a visitar o Parque Natural das Fragas do Eume.
O día foi o
típico día de principios de Outono, soleado e fresco a vez.
Comezamos o día no Centro de Interpretación do Parque Natural, no
Concello de Pondeume, e despois de ver un vídeo ilustrativo da fauna
do entorno, comezamos a nosa andaina polas corredoiras que bordean o
cauce do río Eume, onde puidemos contemplar ameneiros, bidueiros,
castiñeiros,... e demáis flora, típica dunha fraga, a cal xa empeza
a trocar de cor y os ourizos das castañas xa andaban a rolos polo
chan.
Tamén
coñecimos o que era unha “curripa”, pequena edificación que se
utilizaba na zona para almacenar estes ourizos e facer que perderan
a humidade con rapidez.
Algúns
costoulles un poco o paseo, nótase que son un pouco “urbanitas”,
pero cando chegou o momento da comida e da convivencia, xa se
esqueceron todas as penas.
 |