La Coruña 3 de Octubre de 2007
Fotos
 

Bachillerato      II Liga de debate

 

 

Oito alumnos de primeiro de bacharelato, Isabel Amboage, Ignacio Andrade, Alejandro Buján, Lucía Farto, Carolina García, Javier Huertas, Ricardo López e Andrea Sánchez, xunto coas profesoras Carmen Abella e Irene Bujan participamos os pasados 29, 30, 31 de xaneiro e 1 de febreiro na “II Liga de debate” que se celebrou no multiusos do Sar en Santiago.

O tema do debate era “Axuda ao desenvolvemento ¿peixe ou cana?”. Tiñamos que defender a postura que nos tocara, que se sorteaba xusto o principio de cada debate. O debate consistía en facer unha exposición de 5 minutos aportando datos sobre a túa postura e 5 minutos para a exposición da postura contraria, cada equipo tiña 5 minutos de refutacións sobre o discurso do contrario, onde se facían preguntas e expoñíanse máis teses, outros 5 minutos de refutacións para cada equipo contrapoñendo as posturas e por ultimo 3 minutos de conclusións para cada equipo. Os equipos eran de 4 alumnos, que tiñan que ser 2 mozos e 2 mozas, dos cales 2 eran oradores e 2 refutadores, e o capitán que eran os profesores. Había 3 fases eliminatorias, a primeira, semifinal e final. Nós quedámonos na primeira pero a experiencia foi moi boa, coñecemos a moita xente, fixemos moitos amigos, e aprendemos a enfocar un tema ante as dúas posible posturas.