|
O pasado día 24 de Abril os alumnos/as de 6º de E. Primaria participamos,
xunto con outros 12 colexios da Coruña, no IX Rebumbio Matemático.
O concurso, que vense realizando dende hai anos, organizado pola
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA)
na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos
Centros de Educación Primaria, en concreto co profesorado de
matemáticas. Esta actividade ten a finalidade de contribuír á mellora da
educación en xeral e do proceso de ensinanza – aprendizaxe das
matemáticas en particular. Trátase dunha actividade que tenta fomentar o
espírito cooperativo e de traballo en grupo.
As actividades matemáticas a desenvolver forón variadas alternándose
as de tipo manipulativo coas de deducción e razoamento.
Participaron con moito entusiasmo 9 alumnos/as, 3 por cada clase de 6º
|