|
Os alumnos de 2º
de primaria visitaron o parque de Bombeiros. Foi esta unha visita
moi interesante e os nenos disfrutaron moito participando
activamente en diferentes momentos: subiron a un dos coches mentres
soaban as sirenas, puxéronlles a todos o casco de bombeiro, fixeron
diferentes actividades no ximnasio, viron unha película infantil
alusiva a un tema de incendio e para rematar déronlles a todos unha
bolsa con diferentes recordos da visita. Os nenos en todo momento
prestaron moita atención ás explicacións dos bombeiros e da
monitora, facendo de esta visita altamente interesante para eles.
|