O día 17 de Febreiro os alumnos de 1º de ESO, fomos ao Teatro
Rosalía de Castro, para ver a 2ª película do ciclo do Cinensino “ El
niño de Marte”.
O
escritor David Gordon, que enviudou, quere adoptar a un neno chamado
Dennis que di ser de Marte. O escritor ignora os consellos da súa
irmá e David decide adoptar ao rapaz co apoio da súa amiga Harlee,
pola que David sinte cariño.
Dennis insiste en que el é do planeta vermello, e a David dálle
igual se é real ou fantasía porque síntese cada vez máis apegado ao
neno (un neno especial) e sabe que o seu amor de pai pode
transformalo.(un pai diferente).
Esta película é moi bonita e ensinounos que temos que ser nós
mesmos, e que temos que dialogar para así poder solucionar os
problemas. A algunhas de nós saíronnos de cando en vez algunha
lagrimiña.
Para os que non a vístes, recomendámosvola.
Bicos
Luisa Pacheco Pineda
1º A / ESO
Isabel Pérez Fernández
1º A / ESO