No remate de Xaneiro os alumnos de 1º de ESO fomos a
EMALCSA (Empresa Municipal de Augas de A Coruña) que é a responsable
da xestión do abastecemento de Auga potable no Concello da Coruña e
do abastecemento e saneamento de Carral.
A
actividade abrangue desde a captación de augas nos ríos Barces e
Mero, ata a distribución nos concellos usuarios de Sada, Bergondo,
Oleiros, Cambre,Culleredo e Arteixo, para a súa posterior
distribución a través de medios propios.
Explicáronnos o proceso polo que pasa a auga na planta, do
seguinte modo :
1.- Tratamento fisico de
desbaste.- elimina a suspensións grosas (trapos,madeiras….)
mediante a utilización de dúas reixas automáticas. A
segunda reixa ten un sistema de lavado que mantén constante a
limpeza.
2.- Bombeo de auga ata o
seguinte paso.- Empregan tres bombas verticais.
3.- Decantadores floculadores.-
Neste proceso realizanse dous pasos diferentes: A floculacion,
que é a agrupación das partículas ao poñerse en contacto unhas
coas outras, a agrupación levase a cabo grazas a uns produtos
especiais chamados floculantes. Desta forma, as particulas, xa
de maior tamaño sedimentan e poden ser recollidas posteriormente .
No fondo dos decantadores acumúlanse os lodos que son extraidos
automáticamente.
4.- Equipos de filtración.-
Accionánse dun xeito totalmente automático. Realizase o lavado por
aire e auga.
5.- Dosificacion e adicion de
reactivos, este é o ultimo paso no tratamento da auga consiste
na adicion dunha serie de reactivos que deixan a auga en boas
condicións.
A
dosificacion é automatica en funcion do volume de auga. Os
produtos que se empregan son :cloro, sulfato de alumnio ao 8%
e polielectrolito .
A
auga final que se obtén é de excelente calidade
Unha
vez finalizado o tratamento , a auga potabilizada chega á
cidade mediante uns tubos que distribúen a auga nos tres depósitos
elevados situados no Ventorrillo, en Monte Alto e nos Castros. Desde
aquí e por gravidade, a auga chega ata os nosos fogares
onde a podemos empregar.
A
pesares de estar mal tempo, fomos ao encoro de Cecebre cuns
guías que nos falaron da flora e da fauna especial que ten
ese Habitat.
Esta
actividade foi interesante e divertida. Aprendimos e pasamolo
ben.
Alba Carballal Muiños e
Estefany Morales Pombo 1º C ESO.