|
Os nenos de Educación Infantil celebramos a chegada da nova
estación. Para iso, os máis peques do cole, os de 2 e 3 anos,
fixemos unha merenda cos froitos típicos desta época. Os de 4
tomamos unha riquísima macedonia de froitas e fomos á praza de
España a recoller follas, e os de 5 fixemos un gran magosto asando
un montón de castañas riquísimas no colexio. ¡Encántanos celebrar
tantas cousas!




|