|
Os días 9, 10 e 16 de Outubro, os alumnos/as de 6º de E. Primaria,
visitaron as instalacións da escola de Cerámica “O Castro”. Alí,
despois de recibir as instruccións de Patricia, puxéronse a modelar
en Cerámica de gres bonitas figuras, sentíndose por un momento como
verdadeiros artistas. No vindeiro mes, voltarán para decoralas
segundo a creatividade de cada un. De cada curso, será escollida
unha delas, e estará na exposición de “Sargadelos” na rúa Real. Sen
dúbida resultou unha actividade moi atraínte para os alumnos/as.
|