Un San Valentín diferente
![]()
![]()
Houbo cartas, declaracions,definicions …entre o “correo” e o blogue limos marabillas .Velai vai una carta sensible,escrita co corazón,que amosa sentimento.
As declaracions do blogue só hai que volver a lelas.
Para a miña irmá.
Ola! Son o teu irmán irmán Adrián. Ti aínda non me entenderás, pero cando
teñas un pouco máis de anos e saibas ler e escribir dareicha, porque te
escribo porque é un traballo, si, pero a parte diso, porque estou namorado
de ti. Non me refiro a que me gustas como unha noiva, senón que me namorei
porque te quero polo que es. Aínda es unha cativa e algúns pensarán que con
dous meses calquera quere a súa irmá, eu non: querereite ata con quince,
vinte e un etc. anos, es a miña irmá e sempre o serás. Teremos as nosas
disputas como calquera, pero terasme aí para todo o que che faga falta. Ben,
eu non sei que máis dicirche que de tantas veces que o dixen a mestra
aburrirase de lelo, pero dígoo de corazón: quérote, ámote, adórote etc. e
non só eu, toda a familia, especialmente mamá, papá mais eu.
Espero que che guste o teu irmán preferido (porque é o único que tes) non
importa, volvendo ao caso, bicos do teu irmán e padriño.
Adrián Rosa Asorey
3º E.S.O. A