![]()
2º ESO vai a Santiago
![]()
¡A SANTIGO VOU….!
Di unha canción dos tempos dos meus avós :” A Santiago vou e co meu paragüiñas..”
Pois menos mal que levabamos paragugas e botas e …de todo o que cómpre para non mollarnos.
En Santiago a choiva é Arte e nós empapamonos de arte e de auga.
Fixemos unha viaxe en tren,esperamos na vía o paso doutro,pero estivo ben.
Subimos ás cubertas cunha monitora que nos explicou,en galego ,un monton de cousas.Vimos o botafumeiro,o santo dos croques…ao apóstolo. ¡que ben ¡
Xantamos a cuberto e a seco¡menos mal!.
Logo fomos a ver “cousas” de noso no Museo .Vimos barcos,casas,instrumentos musicais,zocas,zocos….todo aquiloque forma parte da nosa vida.
Logo ao tren , e correndo.Chegamos cansos ,mollados,pero moi ben
¿cando volvemos?

