Viaxe á illa de Ons

 

 

Atrás

 

         Viaxe realizada por alumnos de 5º de Primaria e 1º de ESO

¡Que delicia e que ledicia ¡.Unha viaxe inesquecible .

Primeiro o tren onde moitos dos cativos non viaxaran nunca:a primeira novidade.

Logo un ratiño de autobús :nada fóra do habitual

E por fin :un barco a alta  mar .Bueno non moi alta  pero 50 minutos mar adentro e co mar picado fixo que todo, todo ,todo ..se movese

Que sensacións tan profundas, tan novidosas,…e aínda non estaba todo  visto.

Chegamos á Illa de Ons e a natureza sorprendeunos como quen nos dá unha bocanada de aire fresco nun día cargado

¿Que impresiona máis unha vista do mar aberto ou unha enorme furna ¿

O Mirador dos Fedorentos , a Laxe do Crego ,a Praia das Dornas, o Buraco do Inferno,….

Todo quedará na nosa retina como imaxes  dunha xornada marabillosa