![]()
Do concurso: Cartas de amor
![]()
Como aínda son moi xove, non teño ningún amor por quen suspirar. De momento, non hai ningunha muller que ocupe o meu corazón. Só hai sitio para unha: Para ti, miña nai.
A ti, mamá, que sempre estás pendente de min para o bo e para o malo. Cando estou maliño, cóidasme moito e sempre estás ó meu lado. Sei que podo confiar en ti e que sempre estarás á miña beira. Es moi boa conmigo e por iso o que sinto por ti é amor de fillo.
Tamén sei que, cando medre, encontrarei ó meu amor e que ti sempre estarás aí cos teus consellos, co teu cariño e co teu amor incondicional.
Quérote, Mamá.
O teu fillo
IVÁN
Iván Fernández Rey
3º E.S.O ( Grupo B)
MÁIS CA UNHA CARTA UN DECÁLOGO DE ROGOS
CARTA DUNHA FILLA A TODALAS NAIS DO MUNDO.
Esta carta vai dedicada a todalas nais do mundo:
- Non me des todo o que che pido. As veces só pido para ver ata onde podo cegar.
- Non me berres, cando o fas respétoche menos e tamén apréndesme a facelo eu, e eu non Quero facelo.
- Non estés sempre dándome órdes. Se as veces, en vez de darme órdes, me pideses as cousas, eu faría mais rápidamente e de mellor gusto.
- Cumpre as promesas, boas ou malas. Se prométesme un premio, dámo, e tamén se se trata dun castigo.
- Non me compares con ninguén, especialmente co meu irmá ou irmán. Se me fas brillar e sobresair por encima doutras persoas, laguen sufrirá, e se me fas brillar menos, serei eu quen sufrirei.
- Non cambies de opinión tan a miúdo, respecto o que teño que facer. Decide e mantén esa decisión. Deixa que faga as cousas por mi mesma. Se ti o fas todo por min, nunca aprenderei.
- Non digas mentiras diante miña, nin me pidas que sexa eu quen as diga por ti, aunque sexa para sacarte dalgún lío. Fas que me sinta mal e que perda a confianza no que dis.
- Cando faga algunha cousa mal, non me pidas que che diga porque o fixen. As veces nin eu mesma o sei.
- Cando te equivoques nalgunha cousa, admíteo, e medrará a opinión que teño de ti, e ademais aprendderasme a admitir tamén as miñas equivocacións.
- Trátame coa mesma amabilidade e cordialidade coa que tratas as túas amistades, polo feito de que sexa da familia non quere decir quen non poidamos ser amigas.
- Non me digas que faga unha cousa se ti non a fas. Eu sempre aprenderei o que ti fagas, aínda que non o digas. Pero nunca farei o que ti dis e non fas.
- Cando che explique un problema meu, non me digas “Non teño tempo para tonterías” ou “eso non ten ningunha importancia” Trata de comprenderme e axudarme
- Quéreme e dime que me queres. A min gústame moito oirte dicilo, aínda que ti penses que está claro e que non fai falla dicilo.

