Festas
![]()
![]()
Durante o curso tiveron lugar dúas festas entre o Equipo de Normalización e a rapazada. A primeira foi organizada polo equipo coa intención de que o galego fose o vínculo que unise a estudantes de diferentes grupos e cursos e, non o deberon pasar nada mal, cando uns meses despois foron eles os que propuxeron organizar unha festa rachada para celebrar a fin das actividades nas que participaron.
Como agradecemento á súa participación desinteresada nas actividades, o equipo realizou unha rifa con pequenos agasallos, un momento que foi moi celebrado polos rapaces.