Festas de Outono
![]()
![]()
Cando chega o outono toda a paisaxe cambia de cor e ata nos apetece facer un percorrido polo campo para ver as árbores coas cores en distintos matices que semellan cadros do Romanticismo.Os días vanse facendo cada vez máis curtos porque xa estamos ás portas do inverno, e así mesmo as actividades agrícolas van ser outras :a recollida do millo, a das castañas ,certos legumes…
E como é tradiconal, vanse celebrando asemade determinadas festas que gardan relación con este tipo de labores.
Por todo isto , nós tamén aportamos o noso gran de area para recordar o que facían os nosos devanceiros e para contribuír a que se manteñan vivas as nosas tradicións, xa que forman parte do noso patrimonio cultural.
Os rapaces do colexio celebraron o Samaín na primeira semana de Novembro recordando aquel costume de baleirar cabazas para darlles forma de caveira cunha luz acesa no seu interior e deste xeito gastar brincadeiras aos demáis no medio dunha atmosfera especial como é a que rodea ao día de defuntos. Lémbranse así aqueles divertimentos que soía haber, máis particularmente nas zonas rurais, cando o campo aínda estaba ateigado de xente que trataba de divertirse despois do traballo diario.
Así mesmo celebraron un magosto, pois nestas datas non se pode deixar de probar un produto tan delicioso como é a castaña.
Tamén así recordamos aquel antigo costume de festexar a recollida dun produto que foi a base da alimentación durante séculos en Galicia .Esta festa constituía, ademáis , un motivo de xuntanza e diversión.
Con todo esto tratamos de contribuír a que non se perdan estes costumes e de que tamén os máis novos compartan a ledicia que proporciona a xuntanza cos demáis nun ambiente san e agradable.
Se queredes ollar unhas fotos picade AQUÍ.