Contamos un conto

 

 

 

Atrás

 

 

 

 

    Habia unha vez,...nun lugar chamado... Existia....Así empezan moitos contos e nós queremos contarvos uns contos que fixemos.Aí vos van algúns. ¡Que vos gusten!  

Nuria Varela Agra 2ºD

Estaba as escuras, era un edificio vello e tétrico, mais ainda era de día. Esperaba que o ascensor subira. Había moitas lendas sobre aquel lugar. Que estaba enfeitizado, que non era seguro ir no seu ascensor despois das sete da tarde entre outras cousas. Marina non creía niso máis lle advertían que non baixara no ascensor.

Cando as portas do ascensor abrironse Marina entrou dentro e pulsou o boton do cero para baixar. Cando empezou a baixar as luces parpadearon e o ascensor cada vez baixaba máis rápido. Marina agarrouse a un pasamáns que había nel.

Entón frenou en seco e ao abrirse a porta apareceron unhas almas en pena que levaban ao lombo un ataud. Era a santa compaña.

Marina, morta de medo, aproveitou un descuido das pantasmas para sair correndo. Correu coma unha tola ata chegar a súa casa. Entrou Nela sen caer na conta de que habia un moucho na porta.

Botouse no sofá pensando que nada diso podía ser certo. Para relaxarse pediu unha pizza a domicilio, de xamón, queixo e panceta. Tardou coreta e cinco minutos en chegar, pagou religiosamente e logo comenuna lentamente. Dez minutos despois chamaron ao timbre. Abriu a porta tratábase da Santa Compaña.

Tratou de pechar a porta pero eles impedironllo. Correu por toda casa ata cegar ao seu cuarto onde un deles xa esperabaa. Estaba rodeda.

A súa morte foi lenta e dolorosa, máis a partir de agora, que tería que buscar outras almas para poder descansar en paz. 

Evelyn 2º D  

                                               UN SONO MÁXICO


Nunha casa coma calquera outra,vivía unha familia ,entre eses membros,unha moza chamada
stephany ,duns 14 anos . A moza estaba estudando no seu dormitorio cando un ruido que ven de fora (PUM),a moza sove ata o máis alto da súa casa e encontra unha caixa cun gran esplendor.
Nesa caixa había un libro moi estraño ,máis ca un libro parecia un diario.Amoza levouno á súa habitación e abriuno ,pero estaba vacío totalmente vacío .Pasaron uns días e a moza estaba soa, aburrida, sen nada que facer , e de conta acordouse do libro tan estraño que había encontrado .Xa que estaba vacío decidiu escribir nel coma se fose un diario. Pasaron días e días e seguía escribindo nel. Coma cada noite stephany foi a escribir no diario, e só lle quedaba unha folla , ao acabar de escribir echouno e de pronto saíu unha luz moi intensa. A nena achegouse e abriu o libro, de conta sairon uns paisaxes moi incribles coma os que había maxinado e soriu de felicidade. E eu ao despertar á mañá dinme conta de que só era un fermoso sono.

Arianna Améndola Pin 2º A

O PIRATA FERMÍN


   Un día soleado e caloroso se atopaba Fermín no seu barco. Nunca contaba a historia de cómo conseguiu o seu barco, aínda que a súa tripulación llelo preguntaba sempre. En este día tan caloroso se dixo que porque ia a ocultar esa historia, xa que formaba parte de súa vida. Chamou a súa tripulación e mandounos sentar. Estaban emocionados coa boa noticia, cando empezou a narrar: << Un día máis ou menos como o de hoxe vin atracar un barco, era fermoso, o tiña todo. Me preguntei de quen sería, ata que o descubrín. Era dun Conde que roubaba a quen se lle antollaba. Cando ía camiñando vin como lle roubaba a uns nenos que conseguiran algo de diñeiro para comer. Enfadeime tanto ao ver como llelo quitaba, que me dixen como se o tomaría que alguén sen intención lle roubara o seu barco. Non me levou moito pescudalo, xa que coa axuda dos nenos roubeino. Aqueles foron os meus primeiros grumetes e nunca os esquecerei. Ao final o Conde morreu a man da xustiza. Os nenos decidiron deixar a piratería para dedicarse a coidar a súa nai e a conseguir diñeiro. E eu quédeme co barco e decidín dedicarme a piratería.>> A tripulación gustoulle tanto a historia que decidiron facer unha festa en honor do capitán, xa que grazas a el tiñan un fogar. E así o capitán e a tripulación quedaron libres de segredos e todos souberon de onde procedía a súa casa que os mantiña a flote.