II Certame Literario Frey Martín Sarmiento

 

 

Atrás

 

 

 

O ano pasado, o noso centro participou no concurso “Frey Martín Sarmiento”, que é un certame literario que premia obras escritas e publicadas en lingua galega do xeito que máis agradecen os escritores: co recoñecemento dos lectores. Do noso centro, cerca de 90 alumnos desde primaria ata a eso, participaron como xurado de xeito voluntario e desinteresado. Desinteresado non significa que non recibiran nada a cambio, recibiron a satisfacción de ler e participar nesas historias.

A nosa escola, que este ano ten como un dos seus valores o de fomentar a lectura, quixo recoñecer e agradecer o seu esforzo entregándolles un diploma que lembre que, á veces, facer as cousas porque si, sen que entren en exame, dean puntos ou teñan unha recompensa material, paga a pena.