![]()
Cartas de amor
![]()
Cartas de Amor premiadas polos alumnos que compoñen o ENDL , logo dunha revisión das "mellores" selecionadas polas mestras
“Consideramos que cada unha delas aporta un grado de sentimento que é capaz de expresar con poucas palabras o que a nós nos gustaría que outro sentise por nós
Polo tanto vémonos identificados con estas manisfestacións realizadas de amor.”
--------------------------------------------------------------------------------------------
Carta a unha amiga-
Grazas por todos os momentos que compartimos, momentos cheos de sentimentos e pensamentos compartidos,sonos e segredos,risos e bágoas, sobre todo amistade.
Cada segundo quedará gardado eternamente no meu corazón
Grazas por adicarme tempo, tempo no que me demostraches a túa preocupación por min, no que escoitaches os meus problemas e axudáchesme a solucionalos , e sobre todo, tempo para sorrir e demostrarcme o teu afecto
Grazas por ser coma es, unha persoa marabillosa
Quérote
Antía Varela Ávila 4º de ESO
--------------------------------------------------------------------------------------------
Carta a unha moza
Ola meu cariño.
Estou obxervando a través da ventá unha preciosa posta de sol dun claro día de outono.
Isto trae á miña mente aquelas fermosas tardes que pasabamos ti e máis eu, paseando á beira do mar, collidos da man e dicindonos o moito que nos queriamos.
Para min foi o mellor verán da miña vida.Ti es o meu primeiro amor.
Lévote sempre comigo, no colgante que mercamos xuntos como mostra do noso grande amor, espero que ti tamén o leves posto todos os días, iso quererá dicir que non esqueciches de min.
Estou desexando que volva a ser verán para poder xuntar as dúas partes do colgante e así formar un gran corazón que é o símbolo do noso tenro amor.
Moitos bicos de Pablo, o teu amor.
Pablo Marinez Gestal 1 º ESO C