ESTA É a Historia...

Benvido á antiga Roma, berce de poetas e guerreiros, terra de emperadores e gladiadores. Acabas de coñecer ao noso emperador: Trajano e a un dos seus senadores, Lucio Cayo Agripa.
Como puideches ver, Trajano está en grave perigo e necesita a túa axuda. Se estás disposto a empezar unha viaxe que che levará ata os confíns do Mare Nostrum, mete a man na bolsa e escolle unha carta. Moita sorte...

Como puidestes comprobar hai seis clases de cartas na bolsa, cada unha delas representa a un integrante dunha das clases sociais de Roma.
Bo, estou a enganarvos un pouco, non só hai seis cartas, existe unha sétima: a de Emperador. Sí, o noso Emperador Trajano está enfermo, foi envelenado e mentres él recupérase, alguén ten que tomar o mando do Imperio.

Estás preparado?
Porque aquí comeza a nosa aventura. Antes de empezar necesitas unha libreta pequena. Esa libreta será o teu caderno de viaxe, o documento que poderás consultar para moverte polas bastas terras do Imperio.

1 A SOCIEDADE EN ROMA

Imos formar grupos usando as cartas que recollemos da bolsa da seguinte maneira:

(2 grupos) Esclavo do fogar (grupo de 3 persoas)

Gladiador (grupo de 3 persoas)

Soldado (grupo de 3 persoas)

(2 grupos) Artesano (grupo de 3 persoas)

Liberto (grupo de 3 persoas)

(2 grupos) Senador (grupo de 2 persoas)

Emperador (1 persoa)

A sociedade romana dividíase en: patricios, plebeyos, esclavos e libertos.

 

A vosa primeira misión consiste:

1 Averiguar a qué grupo social pertences.

2 Pescudar en Internet os dereitos e deberes da vosa clase social.

Cando o teñas todo, escribe no teu caderno de viaxe toda a información seguindo este esquema:

 

 

Resolve o seguinte crequecabezas para atopar unha pista sobre a sociedade romana:

 

 

 

Nas seguintes ligazóns tes unha axuda para completar o traballo:

 

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/historia/roma

https://www.youtube.com/watch?v=qBpiFzOwNnM

 

2 OS TERRITORIOS DO IMPERIO E A SÚA ORGANIZACIÓN

 

Agora que xa coñeces como se estructura sociedade en Roma imos coa segunda fase. O Imperio Romano estaba formado por unha grande cantidade de territorios, algúns bastante complicados de gobernar.

Se te queres mover por as terras de Trajano en busca dun remedio para salvar o Emperador terás que coñecer moi ben como se organizaban o Imperio baixo o seu mandato.

Os romanos dividiron os territorios en provincias. Nelas construíron cidades con edificios para o ocio, templos e acuedutos. Aos habitantes nativos desas zonas transmitíronlle o seu idioma, os seus costumes e as súas leis.

 

 

O Mellor

Emperador

que tivo Roma